CerradaBDNS 833469
Convocatoria del Programa de subvenciones para Asociaciones de Empresarios y Comerciantes del Ayuntamiento de Arteixo para el año 2025.
LOCAL · ARTEIXO · AYUNTAMIENTO DE ARTEIXO
Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 23/10/2026 06:33 (España)
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES111 - A Coruña
Tipo de convocatoria
Concurrencia competitiva - canónica
Finalidad
Fomento del Empleo
Plazos, con su contexto.
- Inicio de solicitudes
- 26/05/2025
- Fin de solicitudes
- 14/06/2025
- Registro en BDNS
- 19/05/2025
- Publicación en diario oficial
- 22/05/2025
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
1.- Bases reguladoras. A convocatoria realízase ao abeiro das bases reguladoras de Programa de subvencións para Asociacións de Empresarios e Comerciantes do Concello de Arteixo, publicadas no BOP A Coruña nº 200, de 24 de novembro de 2020.2.- Crédito orzamentario. A contía destinada para o ano 2025 é de 70.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 241.48903.3.- Obxecto. O obxecto destas bases é a concesión de axudas económicas ás asociacións de empresarios e comerciantes do municipio de Arteixo para impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica local.4.- Procedemento. O procedemento para a concesión das subvencións previstas nesta convocatoria axustarase ao procedemento de concorrencia competitiva de acordo co establecido nos art. 9. a) e 10 a) a Ordenanza Municipal núm. 26 de concesión de subvencións municipais; nos art. 20, 21, 22, 23 e 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concordantes cos artigos 23, 24, 25 e 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións.5.- Requisitos para solicitar a subvención. Poderán acollerse a esta convocatoria (apartado 5ª das bases reguladoras), as asociacións de empresarios e comerciantes, xuridicamente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:- Carecer de fins de lucro.- Ter a sede social e o domicilio fiscal no Concello de Arteixo.- Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal.- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica concedida polo Concello de Arteixo- Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións- Estar ao corrente das súas obrigas coa facenda pública, co Concello de Arteixo e coa Tesourería da Seguridade Social.- Non estar incursas nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións das administracións públicas previstas no art. 13 da Lei Xeral de Subvencións 38/2003, de 17 de novembro.- Dado que a tramitación será telemática, a entidade deberá dispoñer dun único enderezo de correo electrónico durante toda a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións, requirimentos e notificacións a través do representante designado na solicitude.6.- Órganos competentes. O procedemento será instruído polo Departamento de Promoción Económica do Concello de Arteixo, que realizará cantas actuacións sexan necesarias segundo o art. 10 a) da Ordenanza municipal núm. 26 reguladora da concesión de subvencións municipais. O órgano competente para resolver o procedemento é a Xunta de Goberno Local do Concello, segundo o art. 127 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e demais lexislación concordante. 7.- Prazo de presentación de solicitudes. O prazo de solicitudes será de 20 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da BNDS, segundo o apartado 8 das Bases reguladoras.8.- Prazo de resolución e notificación. Elaborada a proposta de concesión pola Comisión Avaliadora e fiscalizada pola Intervención Municipal, someterase a aprobación pola Xunta de Goberno Local. O acordo de concesión, deberá notificarse a todos os solicitantes de forma expresa no prazo de 10 días desde a data da resolución (art. 40.2 da LPACAP).9.- Documentación (apartado 7 das bases reguladoras). A solicitude de subvención deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I a estas bases, no que se inclúe, entre outra, a seguinte información:- Autorización para que o Concello de Arteixo poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social. No caso de que as entidades solicitantes se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no formulario de solicitude e achegar os devanditos documentos.- Declaración orixinal de non estar incursas a persoa representante e a entidade nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións da administración pública previstas no art. 13 da Lei Xeral de Subvencións 38/2003, de 17 de novembro.- Compromiso da entidade de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo en toda a información que realice o desenvolvemento das actividades.- Compromiso de solicitar polo menos tres ofertas de distintos provedores no caso de gastos superiores a 18.000 euros en actividades.Esta solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:- Memoria explicativa da/s actividade/s, asinada polo representante legal e que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: breve descrición da actividade, carácter periódico e permanente da mesma, ou seu calendario de realización ao longo do ano, orzamento de ingresos e gastos da actividade coa expresión do financiamento previsto e a axuda solicitada, responsables da actividade, e súa adecuación ao interese local, número de persoas beneficiadas directa ou indirectamente.L DA PROVINCIA DA- Comunicación e solicitude de autorización ao Concello de Arteixo, se é o caso, para contratar con persoas ou entidades vinculadas coa entidade solicitante.- Copia das tarxetas do CIF da entidade e do NIF do solicitante.- Copia dos estatutos da entidade.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.- Solicitude de pago anticipado con exoneración de constitución de garantía ou declaración de insuficiencia financeira para poder asumir os gastos de execución do proxecto (opcional)- A documentación obrante no poder do Concello de Arteixo e que non sufrirá modificacións, poderá excluírse de presentar, se así se solicita.10.- Posibilidade de reformulación da solicitude. Se o importe da subvención concedida é inferior ao solicitado, as subvencións reformularanse de forma automática, entendéndose deste xeito que o beneficiario estará comprometido a realizar a actividade subvencionada cun orzamento total que poderá ser reducido na mesma porcentaxe que se diminuíu o importe da subvención concedida (apartado 13 das bases reguladoras).11.- Recursos procedentes contra a resolución do procedemento. Contra o acordo poderá formularse os recursos que procedan segundo os art. 123 e 124 da LPACAP.12.- Criterios de valoración das solicitudes (apartado 10ª das bases reguladoras). Na avaliación dos proxectos presentados terase en conta os seguintes criterios, que se valorarán segundo a puntuación que se indica:- Carácter periódico e permanente das actividades obxecto da subvención: 20 puntos- Colaboración co concello no desenvolvemento de actividades de utilidade pública e interese social: 15 puntos- Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: 15 puntos- Adecuación da actividade ao interese local: 20 puntos- Número de beneficiados/as da subvención: 20 puntos- Impacto positivo das actividades propostas para visibilidade da lingua galega: 10 puntos.13.- Medio de notificación ou publicación. De acordo co art. 14 da LPACAP, notificarase electronicamente a resolución do procedemento ás entidades solicitantes.14.- Prazo de presentación da conta xustificativa. A data límite para a presentación da conta xustificativa será o 30 de novembro de 2025, admitíndose actividades realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e 30 de novembro de 2025. O acordo de aprobación da conta xustificativa e pago notificarase aos beneficiarios segundo o art. 40.2 da LPACAP.
Bases y documentación
Documento de la convocatoria en lengua cooficialPublicado 19/05/2025Descargar archivo oficial · BDNSDocumento de la convocatoria en españolPublicado 19/05/2025Descargar archivo oficial · BDNSConvocatoria do Programa de subvencións para Asociacións de Empresarios e Comerciantes do Concello de Arteixo para o ano 2025.Publicado 22/05/2025BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DO CONCELLO DE ARTEIXOInformación orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.