Extracto publicado
BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN COMERCIAL NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. ANO 20251º. ObxectoO obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para realizar actividades de promoción e dinamización comercial no municipio de Santiago de Compostela, correspondentes á anualidade 2025.2º. Persoas beneficiariasPoderán resultar beneficiarias as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro e que reúnan ademais os seguintes requisitos:- Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago de Compostela.- Que conteña cun mínimo de 15 establecementos asociados.- Que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial. Na aplicación desta porcentaxe non se terán en conta os decimais. Considérase que pertencen ao sector comercial aqueles establecementos encadrados nalgún dos epígrafes empresariais recollidos no Anexo IV.- Ter a súa sede social no municipio de Santiago de Compostela.- Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.Os requisitos deben cumprirse no momento da presentación da solicitude.3º Actuacións subvencionablesConsidéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2025 e a data límite para xustificar establecida na Base 12ª, as actividades de promoción e dinamización comercial cuxo ámbito de actuación ou repercusión sexa o municipio de Santiago de Compostela, tales como:- Sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer novas persoas consumidoras e satisfacer os seus intereses.- Actuacións de dinamización e promoción comercial. As actuacións deberán encadrarse dentro dun proxecto de promoción dos establecementos comerciais asociados ou de incentivación do consumo no que se amose a súa participación directa. Son subvencionables as actividades de animación na rúa directamente vinculadas ao proxecto de promoción ou incentivador dun consumo correspondente.- Campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios, así como, a elaboración de material promocional, que se orienten a potenciar as diferentes tempadas ou fitos con relevancia comercial ao longo do ano.- Implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio polo miúdo.- Actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.Son subvencionables, para as actuacións indicadas, os seguintes custos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa adecuada preparación e execución:- Custos de persoal e de administración específicos.Non son subvencionables:- Os custos relativos á adquisición de bens de investimento ou inventariables.- Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e o imposto persoais sobre a renda.- Os gastos en axudas de custo ou desprazamentos do persoal.- As campañas de dinamización, promoción ou calquera tipo de actuación que teña exclusivamente por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica a actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial e sen participación directa dos establecementos comerciais asociados.- Bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.O proxecto presentado debe identificar as diferentes accións que se van desenvolver, singularizar os seus custos e indicar o importe da subvención que se solicite.4º ContíaA subvención pode acadar o 80% do orzamento dos gastos subvencionables, co límite de 35.000 euros por cada entidade solicitante. Se a suma das subvencións que corresponderían, a quen reúna os requisitos para acceder a elas, fose superior ao crédito orzamentario previsto na Base 13ª, a diferenza restarase de forma proporcional directa dos importes das axudas que se propoñan.Esta axuda é compatible con outras concedidas para a mesma finalidade, sempre e cando illadamente ou en concorrencia coas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, non supere o custo total das actividades subvencionadas.5º Criterios de valoraciónA puntuación máxima a obter será de 50 puntos desagregados de acordo cos criterios de valoración expostos a seguir.1. Natureza e finalidade da actividade ou proxecto. Ata 14 puntos, asignados de acordo co baremo:- Polo grao de participación do comercio asociado: ata 3 puntos.o Outorgaranse 3 puntos cando o comercio sexa o beneficiario directo da acción.o Outorgaranse 2 puntos cando o comercio sexa lugar de distribución ou facilitador da acción (por exemplo: entrega dunha rifa para un sorteo pola realización de compra).o Outorgarase 1 punto cando sexa un mero punto de información ou comunicación da acción.- Pola continuidade e duración da actividade ou proxecto: ata 3 puntos.o Outorgaranse 3 puntos por accións ou servizos permanentes ao longo do ano.o Por accións con duración inferior a un ano calcularase a puntuación que corresponda de xeito directamente proporcional. A duración mínima do período da acción será dunha semana (7 días naturais), polo que ás accións de duración inferior asignaránselles 0 puntos.Para estes efectos, nos cursos de formación non computarán os prazos de adhesión ou participación previos a unha convocatoria.- Por ir encamiñada á fidelización da clientela: ata 2 puntos.o Enténdese por ?fidelización? aquelas accións dirixidas a conseguir unha relación estable e duradeira no tempo coa clientela final. Así que outorganse 2 puntos, si se trata dunha acción de fidelización, e 0 puntos, no caso contrario.As accións publicitarias de carácter xeral non se considerarán accións de fidelización.- Por ter carácter innovador: ata 2 puntos. o Entenderase como actividade e/ou proxecto innovador aquel que se se articule en torno a unha proposta non realizada nos últimos tres anos no termo municipal.- Por ser unha actividade ou proxecto aberto á participación ou desfrute da cidadanía, que constitúa unha ferramenta de atracción ás zonas comerciais da cidade. Así que, outorganse 2 puntos, si cumpre esta circunstancia, e 0 puntos, no caso contrario.- Pola creación de sinerxías cós sectores hostaleiro, cultural e/ou turístico da cidade: ata 2 puntos. Así que, outorganse 2 puntos, si cumpre esta circunstancia, e 0 puntos, no caso contrario.2. Incidencia na formación e capacitación do sector comercial. Ata 10 puntos, asignados de acordo co seguinte baremo:- Outorgaranse 5 puntos se a actividade formativa versa en xeral sobre a mellora da capacitación comercial e a promoción das vendas: atención á clientela, calidade no servizo, mellora da imaxe ou escaparatismo etc.- Outorgaranse 5 puntos se a actividade formativa incide na capacitación tecnolóxica e contribúe a reducir a fenda dixital: directorios comerciais, páxinas web, redes sociais, etc.3. Adopción de medidas de sustentabilidade e de economía circular: ata 5 puntos- Que a persoa solicitante teña implantada unha política de eliminación de residuos a través de xestores autorizados, promoción da implantación de prácticas sustentables e de economía circular tales como contar co distintivo europeo da eco etiqueta nos produtos comercializados nos establecementos asociados ou que a persoa beneficiaria estableza sistemas de recollida de stock entre os seus asociados para un uso ou saída posterior. Así que, outorganse 5 puntos, si cumpre esta circunstancia, e 0 puntos, no caso contrario.4. Porcentaxe de mulleres que integran a directiva da entidade beneficiaria. Ata 5 puntos de acordo co seguinte baremo:- Menos do 20%: 0 puntos- Entre o 20% e o 40%: 2 puntos- Entre o 40% e o 50%: 4 puntos- Máis do 50%: 5 puntos5. Número de establecementos comerciais asociados: ata 5 puntos. Outorgaranse 5 puntos á persoa solicitante con máis establecementos asociados. As restantes puntuacións asignaranse de xeito directamente proporcional. 6. Dirixir especificamente a actividade a colectivos singularizados que poidan considerarse de interese tales como comercios singulares ou emblemáticos, estudantado, turismo etc. Outorgaranse 2 puntos se a actividade se dirixe a colectivos singularizados e 0 puntos en caso contrario.7. Amplitude de impacto comercial nas áreas de influencia do Concello de Santiago de Compostela: ata 4 puntos de acordo co seguinte baremo:- Imaxe, visibilidade do proxecto fóra da área de actuación: 2 puntos.- Fomento da rendibilidade para os comercios asociados: 2 puntos.8. Uso da lingua galega: 5 puntos6ª Solicitudes e documentación1. A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, dirixirase ao Departamento de comercio do Concello de Santiago de Compostela e presentarase necesariamente a través da sede electrónica municipal (sede.santiagodecompostela.gal) mediante o trámite ?Solicitude de subvención? dentro do Catálogo de trámites disponible, para o que empregará o formulario CS006.2. A solicitude acompañarase da seguinte documentación:a) Acta, estatutos de constitución e modificacións posteriores, código de identificación fiscal e, se é o caso, acreditación de que a entidade está inscrita no rexistro correspondente.b) Documentación acreditativa da representación da entidade solicitante (poder notarial, escritura pública, etc), acompañada do documento nacional de identidade da persoa representante.c) Memoria explicativa das actuacións de promoción e dinamización comercial para as que se solicita a subvención, acompañada dun orzamento detallado de gastos por cada actuación que se pretenda executar (Ver Anexo II). Asemade, deberá constar o importe da subvención solicitada para cada actuación, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos. A memoria deberá conter todos os datos que permitan a súa valoración consonte os criterios recollidos na Base 5ª. Se algún dos aspectos obxecto de valoración non se explica outorgaranse 0 puntos nese criterio.Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 15.000 euros, nos supostos de subministracións ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá solicitar cando menos tres ofertas de diferentes provedores antes de adxudicar o contrato, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren ou presten, ou que o gasto se realizase antes de solicitar a subvención.A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación da axuda, realizarase consonte criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.d) Declaración asinada pola Secretaría, co visto e prace da Presidencia, de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin por calquera outra administración pública, ente público ou privado, nacional ou internacional ou ,de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións.e) Documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE), se é o caso.f) Certificado de estar ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria a Facenda Autonómica (Xunta de Galicia). Comprobarase de oficio que a persoa solicitante está tamén ao corrente coa Facenda municipal do Concello de Santiago. Estes certificados só terán que achegarse se a proposta de subvención é igual ou superior a3.000 €.g) Declaración responsable, asinada pola persoa representante da entidade solicitante, de que esta non incorre en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.h) Declaración responsable da documentación presentada, de ser o caso (Ver Anexo I). Se parte da documentación que debe aocmpañar á solicitude, consta xa en poder da administración, achegarase no seu lugar, debidamente cuberta, a declaración responsable na que se identifique o expediente na que conste, manifestando expresamente que non sufriu modificacións.i) Declaración da Secretaría, co visto e prace da Presidencia, da listaxe de establecementos asociados e das epígrafes empresariais en que cada un exerce a súa actividade. Esta relación reflectirá unicamente os establecementos asociados que estean ao día no pagamento das súas cotas.j) Certificado da presidencia sobre a asignación de persoal, custos de administración, liquidacións de pólizas de crédito e xuros dos préstamos específicos imputados ás actividades subvencionables, indicando a duración no tempo e a porcentaxe da xornada laboral e os gastos de administración, liquidacións ou xuros imputados a cada actividade.3. As persoas interesadas son responsables da veracidade dos documentos que presenten. 4. Se a solicitude non reúne os requisitos previstos nos puntos anteriores, requirirase á persoa interesada para que no prazo de dez días hábiles, para que emende ou presente os documentos necesarios. De non o facer, entenderase por desistido do seu pedimento e ditarase unha resolución neste senso nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común. Este requirimento de emenda tamén se emitirá nos supostos de imposibilidade material de obter algúns dos documentos relacionados na ?Declaración de documentación presentada?.7º. Prazo de presentación de solicitudesO prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e contar dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O envío das bases ao Boletín realizarase a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.8º. Instrución e resolución do procedementoRecibidas as solicitudes, o Departamento de Comercio levará a cabo a instrución do procedemento e realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se deba formular a proposta de resolución. En concreto, poderá requirir a documentación acreditativa do pago das cotas ou das epígrafes empresariais recollidas na declaración indicada na Base 6ª.2.i).A avaliación das solicitudes, mediante a aplicación dos criterios establecidos na Base 5ª, será realizada por unha Comisión Avaliadora coa composición seguinte:Presidente/a: a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.Vogais: tres técnicos/as municipais, nomeados/as pola presidencia, pertencentes ao grupo A (subgrupos A1 ou A2).Secretario/a: unha persoa técnica do Departamento de Comercio -con voz pero sen voto-.Á vista da avaliación efectuada pola Comisión, o Departamento de Comercio formulará a proposta de resolución, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para resolver o procedemento de concesión.A Xunta de Goberno Local resolverá de xeito motivado e expresará, cando menos, o orzamento de gastos subvencionable, as actuacións ao que se vincula e a contía da subvención concedida ou, se é o caso, a causa de denegación.O procedemento resolverase no prazo máximo dun mes a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, a solicitude entenderase rexeitada por silencio administrativo.9º. Condicións da concesiónResolta a convocatoria, se a contía da subvención concedida é inferior á contía solicitada, o importe que cómpre xustificar determinarase dividindo a contía da subvención concedida polo coeficiente de financiamento (consulte a Base 12ª).10º. Aceptación e renunciaSen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución da convocatoria, se no prazo de cinco días naturais, desde que se notifique a resolución á persoa interesada, non comunica expresamente a súa renuncia, entenderase que a acepta e adquire a condición de persoa beneficiaria.Ante a renuncia da persoa interesada, a Xunta de Goberno Local ditará resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.11º. Obrigas da persoa beneficiaria- Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade e/ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.- Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade que determine a concesión.- Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, e poderán consistir na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente, así como, na incorporación de lendas, relativas ao financiamento público, que figuren nos carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben, en mencións realizadas en medios de comunicación.- Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos legalmente establecidos.12º. Xustificación1. A data límite de xustificación é o 15 de outubro de 2025. A xustificación presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela (sede.santiagodecompostela.gal), para o que se escollerá o trámite ?Xustificación de subvencións concedidas polo Concello? dentro do Catálogo de Trámites dispoñible. 2. Para iso, a persoa beneficiaria deberá presentar a través do formulario previstos para a solicitude, a documentación seguinte:2.1 Anexo II.- ?Memoria explicativa das actuacións de promoción e dinamización comercial? realizadas durante o ano 2025. No suposto previsto na Base6.2.c) deberá achegarse ademais copia dos orzamentos solicitados, con indicación do seleccionado, e xustificación expresa do provedor elixido, cando a elección non recaia na oferta económica máis vantaxosa, ou cando polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que subministren ou presten o servizo.2.2 Anexo III.- ?Xustificación de subvencións?. Este anexo deberá ir acompañado polas facturas ou documentos substitutivos nos casos previstos no Real Decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, que acrediten a realización dos gastos, en relación nominativa, agrupados por accións realizadas, segundo corresponda. Ás facturas deberán xuntárselles os documentos acreditativos do seu pagamento.2.3 Acéptanse as nóminas do persoal colaborador nas que figure claramente o nome e apelidos da persoa receptora, o seu documento nacional de identidade e a cantidade percibida. Neste caso, achegarase o contrato de traballo, a documentación acreditativa do pagamento dos importes imputados e unha certificación da entidade beneficiaria que reflicta estes importes e os conceptos aos que se imputan.2.4 Relación dos xuros e liquidacións aboadas, desagregadas por mensualidades e tipo de operación de crédito, acompañada do contrato de póliza e/ou préstamo e dos xustificantes de pagamento.A acreditación do pagamento realizarase por algunha das seguintes formas:- Preferentemente mediante transferencia bancaria, con copia do resgardo do seu cargo. No concepto da transferencia debe figurar o número da factura ou, cando menos, a descrición do servizo realizado.- Cheque bancario, do que se acompañará unha copia debidamente asinado xunto co extracto bancario do cargo en conta correspondente.Para os efectos de xustificar a subvención, defínese o coeficiente de financiamento como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento de gastos.A aplicación deste coeficiente ao importe da subvención concedida dá lugar ao importe que cómpre xustificar, segundo a seguinte fórmula:Importe para xustificar = subvención concedida / coeficiente de financiamento Si se percibiron outras axudas ou ingresos para a mesma finalidade, e xunto coa subvención do Concello de Santiago de Compostela, a suma de todas elas é unha cantidade superior ao importe que cómpre xustificar, este último será a suma do que corresponde a todas as axudas e ingresos recibidos.Admítense desviacións ou compensacións entre actividades sempre e cando se manteña o obxecto e finalidade da subvención. A axuda minorarase proporcionalmente se a xustificación non alcanza o 100% do importe que cómpre xustificar. Enténdese cumprida a finalidade e obxecto da subvención cando se xustifique, cando menos o 70% do importe que cómpre xustificar.3. Certificación da titularidade de conta bancaria.4. Certificados de estar ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Axencia Tributaria Galega (Xunta de Galicia). Comprobarase de oficio que a persoa solicitante está tamén ao corrente coa Facenda municipal do Concello de Santiago de Compostela.A xustificación será obxecto de informe do Departamento de Comercio e a proposta de resolución elevarase á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación.13º. PagamentoA concesión das axudas previstas nesta convocatoria está suxeita á existencia de crédito por importe de 85.000,00 euros, imputable á aplicación orzamentaria 020 43100 4890100 do Orzamento Xeral municipal para a anualidade 2025.14º. RecursosAs resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.15º. ReintegroProcederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas con esixencia dos xuros de demora que correspondan nos casos e nos termos previstos nos Título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e normativa de desenvolvemento. 16º. Entrada en vigor e vixenciaEstas bases entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.17º. Normativa aplicableEn todo o non disposto nestas bases resultará de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.Esta axuda está suxeita ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro). ANEXO IDECLARACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PRESENTADA(nome) , con DNI , en nome e representación da empresa/entidade/asociación , con CIF e domicilio para os efectos de notificacións en DECLARA:Que a documentación enumerada a seguir xa consta en poder do Concello de Santiago de Compostela e non sufriu ningún tipo de variación desde que foi presentada (indicar número de expediente e o asunto para que poida ser localizada):1.2..............E para que así conste, asino esta declaración,en Santiago de Compostela, o de de 2025.Asdo: ANEXO IIMODELO- GUÍA PARA ELABORAR A MEMORIA EXPLICATIVA SUBVENCIÓNS A ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN COMERCIAL 2025A memoria deberá desenvolver, para cada unha das actividades que conforman o proxecto, os seguintes campos.- Nome da actividade.- Orzamento de gastos.- Importe da subvención solicitada (nunca superior ao 80% do orzamento de gastos).- Descrición da actividade (a información contida neste campo permitirá á comisión valorar a natureza e finalidade da actividade ou proxecto). Con este fin, deberá indicarse:? Grao de participación do comercio asociado: en que medida participa o comercio no desenvolvemento da actividade.? Se é o caso, en que medida fideliza a clientela.? Duración da actividade: indicar duración total da actividade, prestación do servizo etc.? Se foi unha acción realizada nos tres anos anteriores.? Se é o caso, en que medida constitúe unha ferramenta de atracción a zonas comerciais da cidade.? Colectivos específicos aos que vaia dirixida a actividade, se é pertinente.? En que medida e porqué motivos a actividade incide na formación e capacitación do sector comercial, se é o caso. Indique as materias formativas impartidas. ? Se corresponde, as medidas de sustentabilidade e economía circular adoptadas.? Por qué motivos a actividade produce un impacto comercial nas áreas de influencia do Concello de Santiago de Compostela, en termos de imaxe ou visibilidade do proxecto e de rendibilidade para os comercios asociados.? Se é o caso, emprego da lingua galega na execución da actividade. ANEXO IIIXUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNSNome e Apelidos da persoa representante: Entidade á que representa:NIF:Entidade beneficiaria:CIF/NIF:CERTIFICO:1º.- Que o programa para o que se concedeu a subvención e que a seguir se detalla foi realizado na súa totalidadeActividade ou programa: Convocatoria:Datas de realización:Orzamento de gastos:Contía da subvención concedida: 2º.- Que os gastos xerados na actividade subvencionada son os seguintes:Nº CONCEPTO IMPORTE DATA PAGAMENTO IMPORTE TOTAL DA ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 3º.- Que se achegan as facturas ou documentos substitutivos correspondentes a estes gastos, así como a xustificación do seu pagamento (Engadir relación de facturas).4º.- Que as subvencións solicitadas ou concedidas por outras entidades para a realización da actividade subvencionada ascenden a un total de €, coseguinte detalle:ENTIDADE CONCEDENTE IMPORTE TOTAL 5º.- Que os ingresos xerados pola realización da actividade subvencionada ascenden a un total de €, co seguinte detalle:CONCEPTO IMPORTE TOTAL 6º.- Que os restantes gastos xerados pola actividade subvencionada foron financiados con cargo a 7º.- Da liquidación de ingresos e gastos derívase que a respecto do programa ou actividade realizada se cumpre o disposto no artigo 31.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións: que o importe dos ingresos e subvencións concedidas non supera o total dos gastos devindicados e que todas as achegas foron destinadas á actividade subvencionada.Santiago de Compostela, de de Sinatura ANEXO IVEPÍGRAFES DO IAE SUBVENCIONABLES474.1. Impresión de textos e imaxes por calquera procedemento ou sistema.615.6. Galerías de arte.619.5. Comercio por xunto de papelería e escritorio, artigos de debuxo e belas artes.641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles. 643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca, da acuicultura e caracois.644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en superservizos, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas estea comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.647.4. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas sexa igual ou superior a 400 metros cadrados. 651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración, e de produtos químicos.652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción. 654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria, salvo aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, prendas e utensilios ordinarios de uso doméstico.657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos. 659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.659.9. Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta agrupación, excepto os que deban clasificarse na epígrafe 653.9.661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e no epígrafe 662.1.691.1. Reparación de artigos eléctricos para o fogar.691.9. Reparación doutros bens de consumo N.C.O.P.755 Servizos a outras axencias de viaxes.832.1. Axencias e corretaxe de seguros.833. Promoción de terreos.933. Outras actividades de ensinanza.971. Lavanderías, tinturerías e servizos similares.972. Salóns de peiteado e institutos de beleza.973.1. Servizos fotográficos.975. Servizos de enmarcación.