encuentraayudas
CerradaBDNS 875008

XII PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS.

LOCAL · OLEIROS · AYUNTAMIENTO DE OLEIROS

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 14:21 (España)

¿A quién se dirige?

PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES111 - A Coruña

Finalidad

Cultura

Plazos, con su contexto.

Inicio de solicitudes
19/12/2025
Fin de solicitudes
19/01/2026
Registro en BDNS
15/12/2025
Publicación en diario oficial
18/12/2025

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

CONVOCATORIA DO XII PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS1. ParticipantesPoderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroadas/os ou escolarizadas/os no Concello de Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nestas bases.Establécense seis categorías:Categoría 1: alumnado de 3º e 4º de primariaCategoría 2: alumnado de 5º e 6º de primariaCategoría 3: alumnado de 1º e 2º de ESOCategoría 4: alumnado de 3º e 4º de ESOCategoría 5: mozas e mozos de 16 e 17 anosCategoría 6: persoas maiores de 18 anos2. Obras: temática e formatoOs relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.Os textos que concorran ao concurso presentaranse manuscritos ou mecanografados, perfectamente lexibles, escritos a unha soa cara e cunha extensión de 1 a 3 páxinas en A4, no caso das catro primeiras categorías e que non supere as 6 páxinas, no caso da 5º e da 6º categoría, fonte Arial 12, a dobre espazo, que poderán partir ou ir acompañados de fotografías, debuxos, ilustracións ou calquera imaxe do concello que poida ser suxerinte para o autor ou autora.3. Documentación a presentarOs traballos presentaranse nun sobre grande co título do relato e a categoría á que se presenta; no interior, ademais do texto, incluirase dentro un sobre pequeno pechado, que só teña escrito o título da obra no reverso. O sobre pequeno conterá no seu interior: o formulario de inscrición que se establece e a fotocopia do documento acreditativo de identidade (fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identidade equivalente no caso de telo) e no caso de participantes menores de idade, tamén se deberá engadir a fotocopia do documento acreditativo de identidade da nai, pai ou titor/a legal e do Libro de familia.4. Lugar e prazo de presentaciónLugar: A obra acompañada polo sobre presentarase do seguinte xeito:No caso de obras que concorran ás categorías 1 a 5, poderán ser entregadas en cada centro de ensino (que as entregará ao SNL ao remate do prazo) ou ben no rexistro de entrada sito no edificio A Fábrica; rúa do Inglés, nº 13; 15172, Perillo, Oleiros,  dirixirase ao Servizo de Normalización Lingüística.No caso de obras que concorran á categoría 6 (persoas adultas), deberán presentarse en todo caso no devandito rexistro de entrada.O prazo de presentación será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.5. Constitución do xurado e resoluciónO xurado estará formado por persoal do Concello relacionado coa cultura, a literatura e a lingua e poderán contar co apoio de persoas especializadas.Presidenta: concelleira delegada de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude.Secretaria: técnica de normalización lingüística.Vogais: unha persoa  con coñecemento das actividades culturais municipais.Todas elas terán voz e voto.O concurso resolverase no prazo máximo de dous meses desde que remate o prazo de presentación de obras.Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que as autoras ou autores así o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.6. PremioOutorgarase un premio por cada categoría e os eventuais accésits que se poidan conceder, ata un máximo de dous. Os premios que se concedan serán bonos de 200 euros para comprar en comercios seleccionados de Oleiros que fomenten a lectura, a creatividade e a cultura galega. No caso de quedar algunha categoría deserta ese premio poderá outorgarse como accésit na categoría que se considere.Os premios serán outorgados pola concelleira delegada de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude.7. PublicaciónO Concello de Oleiros resérvase o dereito de difusión, reprodución e publicación dos relatos gañadores, citando sempre a autoría de cada un deles. Neste sentido os/as autores/as renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autoría.As obras premiadas, así como os posibles accésits, serán publicadas nun libro que se lle entregará tanto ás persoas gañadoras como aos centros educativos participantes.8. Aceptación das basesA presentación a este concurso literario supón a aceptación das presentes bases.9. Protección de datosDe conformidade coa Lei 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (en diante LOPDGDD) en concordancia co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación da súa obra, ou os pais, nais e titores/as legais no caso de menores, serán tratados co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. Así mesmo, os nomes das persoas gañadoras serán publicados na páxina web municipal e incorporados na Base de Datos Nacional de Subvencións.No caso de querer rectificar ou cancelar os ditos datos poderanse poñer en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: rúa do Inglés, 13, Perillo, CP 15172 Oleiros.Dar publicidade á presente convocatoria mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia a través da BDNS.  Asemade, publicala na páxina web municipal e enviala aos centros de ensino.

Bases y documentación

Documento de la convocatoria en españolPublicado 15/12/2025Descargar archivo oficial · BDNSXII PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS.Publicado 18/12/2025ORDENANZA GENERAL DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE OLEIROS.