Plazo no verificadoBDNS 875841
Bases da convocatoria concurso de escaparates de Nadal 2025
LOCAL · SANTIAGO DE COMPOSTELA · AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 14:39 (España)
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES111 - A Coruña
Finalidad
Comercio, Turismo y Pymes
Plazos, con su contexto.
- Inicio de solicitudes
- No consta
- Fin de solicitudes
- No consta
- Registro en BDNS
- 17/12/2025
- Publicación en diario oficial
- 22/12/2025
Texto oficial de apertura: Día seguinte á publicación BOP
Texto oficial de cierre: 29 de decembro 2025
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
BASES DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2025/2026PRIMEIRA.- OBXECTOO obxecto da convocatoria é dinamizar a economía local, impulsando iniciativas no comercio, que incentiven a atracción do/a cliente e o consumo, a través dun concurso que pretende fomentar que os titulares das actividades engalanen os seus locais comerciais cunha temática común, nunha época tan destacada e tradicional como o Nadal.SEGUNDA.- PERSOAS BENEFICIARIAS Son requisitos de obrigado cumprimento, para participar no concurso e acadar a consideración de persoa beneficiaria, os seguintes:- A persoa beneficiaria/participante deberá ser maior de 18 anos e titular individual ou compartir a titularidade dun establecemento comercial situado no Concello de Santiago de Compostela.- Ademais deberá estar ao corrente das obrigas tributarias coa Facenda local de Santiago de Compostela, así como, coa Axencia tributaria do Estado, coa Axencia tributaria de Galicia e coa Seguridade Social.- Non poderá incorrer nalgunha das circunstancias ou prohibicións enumeradas no artigo 13 apartados 2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que impidan obter a condición de persoa beneficiaria.- Deberá atoparse ao corrente do pago das obrigas por reintegro de calquera subvención ou premio concedido con anterioridade por este Concello. - Quedarán excluídas de participar no concurso, as persoas que formen parte do xurado e que sexan titulares individuais ou compartan titularidade dun establecemento comercial, así como, calquera outra persoa que teña un parentesco en primeiro ou segundo grao con algunha das persoas membro do xurado.TERCEIRA.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN Será preciso para participar no concurso decorar ou engalanar os escaparates dos establecementos e locais comerciais cunha temática vinculada ás festas do Nadal que atraia e de vida á ambientación da cidade. So será admitido para participar no concurso un único proxecto por establecemento.Os escaparates deberán estar expostos, como mínimo, entre os días 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026.CUARTA.- INSCRICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 29 de decembro de 2025. Non se admitirán solicitudes presentadas fóra do prazo indicado no parágrafo anterior. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado CS006COM2 cuberto en todos os seus campos, e asinado de forma electrónica e visible no documento. A presentación realízase a través da sede electrónica do Concello de Santiago (http:sede.santiagodecompostela.gal) e deberá escoller o trámite ?Solicitude de subvención? no catálogo de trámites dispoñible e premer sobre o dito formulario. Todos os/as concursantes terán que enviar dúas fotos do escaparate, ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.QUINTA.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN Para a tramitación da subvención aplicarase o réxime de concorrencia competitiva, a través da comparación das solicitudes e proxectos presentados.O órgano competente para a instrución do procedemento será o departamento de Comercio e o órgano competente para resolver o procedemento será a Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela.O procedemento de concesión dos premios resolverase no prazo de 3 meses, a contar dende a data de finalización da presentación das solicitudes. Transcorrido o prazo máximo para resolver o procedemento, sen que a administración ditase resolución expresa sobre a solicitude, deberá entenderse desestimada por silencio administrativo.SEXTA.- OBRIGAS E RESPONSABILIDADES A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas de aplicación en canto ás medidas correctoras necesarias a implementar en materia sanitaria e de seguridade. En todo caso, o Concello de Santiago de Compostela queda exonerado das responsabilidades civís ou de calquera outra índole, derivadas dos danos materiais, físicos ou de calquera outra natureza que se poidan producir a terceiros con motivo dos traballos de instalación, montaxe e/ou desmontaxe da instalación. A inscrición no concurso implica a autorización á administración que convoca para obtención de imaxes e/ou gravacións en soportes diversos coa finalidade de dar difusión aos proxectos presentados en distintos formatos a través de canles e publicacións de ámbito local, autonómico ou estatal.A participación no concurso supón a aceptación das bases cuxa interpretación recaerá no departamento de comercio. O incumprimento total ou parcial do seu contido levará implícita a descualificación no concurso.A interpretación das bases correspóndelle ao Departamento de Comercio.SÉTIMA.- TRAMITACIÓN ANTICIPADA Esta convocatoria acóllese ao procedemento de tramitación anticipada, de acordo co disposto no artigo 56 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións.O importe estimado destinado aos premios previstos nesta convocatoria será de 6.950,00 euros.A concesión e pagamento queda supeditado á existencia de crédito axeitado e suficiente na aplicación 020 43100 4790000 no exercicio 2026.OITAVA.-DESENVOLVEMENTO DOS PREMIOS. Todas as persoas concursantes terán que enviar dúas fotos do escaparate ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal, ata o 29 de decembro de 2025. O xurado poderá levar a cabo unha visita presencial ao establecemento para visualizar de forma presencial o desenvolvemento do proxecto. Os escaparates deberá estar expostos, como mínimo, entre os días 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026. Aqueles escaparates que non se atopen montados no momento da visita de algunha das persoas que forman parte do xurado quedarán excluídos do concurso.NOVENA- COMPOSICIÓN DO XURADOO xurado será presidido pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e un total de 6 persoas que actuarán como vogais, elixidos/as entre representantes do tecido comercial, consumidoras/os e unha persoa experta en interiorismo, deseño e/ou decoración. Todos eles con voz e voto. Exercerá de secretario/a do xurado a persoa designada do departamento de Comercio.DÉCIMA.- CRITERIOS DE VALORACIÓN O xurado valorará os escaparates participantes no seu conxunto, revisadas as fotografías e previa visita ao establecemento comercial, atendendo á capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, a calidade, a composición, o deseño, a orixinalidade e o emprego de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo. Os escaparates serán valorados por cada unha das persoas membro do xurado cunha puntuación entre cinco e vinte puntos, polo que ningún escaparate poderá ser valorado con 0 puntos. DÉCIMA PRIMEIRA.- FALLO DO XURADOO fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer durante o mes de xaneiro de 2026. Os premios poderán ser declarados desertos no caso de que, ou ben, o xurado considere que as persoas participantes non alcancen un mínimo de calidade, ou ben, a cantidade de participantes sexa insuficiente para o desenvolvemento do concurso. DÉCIMA SEGUNDA.- PREMIOS O concurso de escaparates está dotado cos seguintes premios económicos, segundo a puntuación acadada, de maior a menor, por persoa participante:- Primeiro premio: 2.000,00 €- Segundo premio: 1.500,00 € - Terceiro premio: 1.200,00 €- Cuarto premio: 1.000,00 €- Quinto premio: 750,00 €- Sexto premio: 500,00 € O total dos premios ascende a cantidade de: 6.950,00 euros Os premios estarán suxeitos á retención fiscal que corresponda de conformidade coa lexislación vixente. Unha mesma persoa (física ou xurídica) non poderá obter máis dun premio.DÉCIMA TERCEIRA.- PUBLICIDADEEstas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e na páxina web municipal https://comerciolocalsantiago.gal.Todas as publicacións posteriores á publicación destas bases levaranse a cabo na páxina web municipal: https://comerciolocalsantiago.gal. A resolución do procedemento publicarase no taboleiro electrónico do Concello de Santiago de Compostela. DÉCIMA CUARTA.- ACEPTACIÓN DAS BASES E AUTORIZACIÓN EN CANTO APROTECCIÓN DE DATOSA presentación da candidatura ao premio, implica a aceptación total destas bases. As persoas participantes na convocatoria, ao presentaren directamente a súa candidatura ou ao aceptaren a presentación por parte de terceiros/as, autorizan expresamente ao Concello de Santiago de Compostela ao uso da imaxe e dos datos achegados para os efectos de publicidade deste premio. De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos, e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais obtidos serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello de Santiago de Compostela cuxa finalidade é a xestión do presente premio. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación do tratamento de datos ou calquera outro establecido na normativa vixente mediante un escrito dirixido ao Concello de Santiago de Compostela. Para os efectos da salvagarda do dereito dos participantes na presente convocatoria á protección dos seus datos de carácter persoal, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 e pola Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, faise constar que os datos das subvencións concedidas quedarán incorporados aos rexistros públicos de subvencións, nos seguintes termos: - En cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación das persoas beneficiarias serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporadas á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa finalidade prevista no devandito artigo. - Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.DÉCIMA QUINTA.-PAGAMENTO E REINTEGRO DOS PREMIOSOs premios serán obxecto de retención fiscal de acordo co estipulado na lexislación vixente. O pago realizarase, no prazo e forma previstos, mediante transferencia bancaria, á conta que indique a persoa premiada, unha vez que o xurado resolva a concesión. Reintegro: Os premios serán reintegrados nos supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.DÉCIMA SEXTA.- CONFIDENCIALIDADEToda a documentación achegada polas persoas participantes no concurso será considerada confidencial polo persoal do Concello e polas persoas que compoñen o xurado, e que teñan acceso a esta durante o proceso de recepción, avaliación e selección de proxectos.DÉCIMA SÉTIMA.- ÓRGANO DE CONTROL As persoas beneficiarias dos premios concedidos polo Concello quedarán obrigadas a someterse aos procedementos de control ou auditoría, que realicen polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras, a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas e calquera outro órgano de control interno ou externo, nos distintos ámbitos territoriais.DISPOSICIÓNS FINAIS Para o non previsto nas bases específicas da convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas Bases de Execución do Orzamento Xeral do Concello se Santiago de Compostela, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Regulamento que a desenvolve aprobado mediante Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, e na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.O formulario CS006COM2 estará dispoñible a partir do día seguinte da publicación de estas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela e na páxina web https://comerciolocalsantiago.gal.
Bases y documentación
Texto en otra lengua de la convocatoriaPublicado 17/12/2025Descargar archivo oficial · BDNSTexto en castellano de la convocatoriaPublicado 17/12/2025Descargar archivo oficial · BDNSBases de la convocatoria concurso de escaparates de Navidad 2025/2026Publicado 22/12/2025BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2025Información orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.