encuentraayudas
CerradaBDNS 880724

Bases reguladoras STARTUPS 2026, concurrencia no competitiva, mínimis general

AUTONOMICA · GALICIA · INSTITUTO GALLEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 11:43 (España)

¿A quién se dirige?

PYME Y PERSONAS FÍSICAS QUE DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES11 - GALICIA

Finalidad

Investigación, desarrollo e innovación

Plazos, con su contexto.

Inicio de solicitudes
28/01/2026
Fin de solicitudes
30/09/2026
Registro en BDNS
09/01/2026
Publicación en diario oficial
16/01/2026

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/xxxx:


Primeiro. Entidades beneficiarias

As startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao amparo da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que reúna simultaneamente as seguintes condicións:

a) Ser de nova creación ou, non sendo de nova creación, cando non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición da escritura pública de constitución no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas competente, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, industriais e outros sectores estratéxicos ou que desenvolvesen tecnoloxía propia, deseñada integramente en España, que se determinarán a través da orde á que fai referencia o artigo 4.1.
b) Non xurdir dunha operación de fusión, escisión ou transformación de empresas que non teñan consideración de empresas emerxentes. Os termos concentración ou segregación considéranse incluídos nas anteriores operacións.
c) Non distribuír nin ter distribuído dividendos, ou retornos no caso de cooperativas.
d) Non cotizar nun mercado regulado.
e) Ter a súa sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España.
f) Ter o 60?% do persoal cun contrato laboral en España. Nas cooperativas computaranse dentro do persoal, para os únicos efectos da citada porcentaxe, os socios traballadores e os socios de traballo cuxa relación sexa de natureza societaria.
g) Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador que conte cun modelo de negocio escalable, segundo o previsto no artigo 4.

Cando a empresa pertenza a un grupo de empresas definido no artigo 42 do Código de comercio, o grupo ou cada unha das empresas que o compoñen deberá cumprir cos requisitos anteriores.

Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:

- Dispor da certificación de Enisa prevista na Lei 28/2022.
- Acreditar a cualificación de Iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
- Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimatech, Turislab, Galicia Avanza).
- Acreditar, mediante un certificado emitido polo centro de orixe, o carácter de spin-off das universidades, dos centros de FP ou de centros tecnolóxicos.
- Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
- Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.
- Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data da solicitude de axuda.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700, por un importe de 1.500.000 € no ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Bases y documentación

SolicitudePublicado 15/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSTexto en castellano de la convocatoriaPublicado 15/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSEXTRACTO da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).Publicado 16/01/2026