encuentraayudas
Plazo no verificadoBDNS 880815

Orden 26 de diciembre de 2025 por la que se regulan las bases que regirán el procedimiento de concesión de ayudas para la continuidad de casas del mayor, en régimen de concurrencia no competitiva, para los años 2026 y 2027 y se procede a su convocatoria

AUTONOMICA · GALICIA · CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDAD

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 11:45 (España)

¿A quién se dirige?

PYME Y PERSONAS FÍSICAS QUE DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES11 - GALICIA

Tipo de convocatoria

Concurrencia competitiva - canónica

Finalidad

Servicios Sociales y Promoción Social

Plazos, con su contexto.

El plazo depende de condiciones del texto oficial. Las fechas numéricas por sí solas no confirman que puedas solicitarla.

Inicio de solicitudes
22/01/2026
Fin de solicitudes
23/02/2026
Registro en BDNS
12/01/2026
Publicación en diario oficial
15/01/2026

Texto oficial de apertura: 5 DÍA HABIL SIGUIENTE AL DE LA PUBLICACIÓN

Texto oficial de cierre: 1 MES SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

EXTRACTO da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212B).

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/xxxx)

Primero. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas para a continuidade do funcionamento das casas do maior as persoas físicas que se estableceron como empresarias autónomas ou que constituíron cooperativas de traballo asociado que, durante os anos 2019, 2021, 2022, 2023 e 2024, puxesen en marcha unha casa do maior.

Segundo. Obxecto e finalidade
Esta orde ten como obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de subvencións, para os anos 2026 e 2027, destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a continuidade e mantemento das casas do maior postas en marcha nos anos 2019, 2021, 2022, 2023 e 2024.

Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212B).

Cuarto. Tipos de axudas e contías
A axuda polo mantemento da casa do maior consistirá nunha achega económica de 25.400 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora, que se liquidará nos termos previstos no artigo 20.
Adicionalmente, no caso de que as persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado promotoras, como beneficiarias das axudas desta orde, optasen por asumir o desprazamento das persoas usuarias, poderán percibir un máximo de 10 euros por persoa usuaria e día. Para estes efectos, a persoa beneficiaria da axuda deberá acreditar o número de persoas usuarias deste servizo mediante a formalización do anexo V.
Nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa encargada do desenvolvemento da actividade, aboarase un complemento da prima de 150 € semanais durante o período que dure a dita baixa.
Nos casos de baixa de longa duración da persoa encargada do desenvolvemento da actividade non incluídos no punto anterior, aboarase un complemento da prima de 150 € semanais a partir da terceira semana da baixa, cun límite de catro semanas. Este complemento poderase solicitar só unha vez ao ano por casa do maior.
Quinto. Financiamento
A contía total máxima destinada ás axudas reguladas na presente orde é de 10.323.000 euros, segundo a seguinte desagregación:

Aplicación orzamentaria
2026
2027
Importe total
08.05.312E.470.0
5.161.500 €
5.161.500 €
10.323.000 €

A partida 08.05.312E.470.0 destinarase ao financiamento destas axudas.
De acordo co previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura dun prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do 5º día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

Bases y documentación

Texto en otra lengua de la convocatoriaPublicado 12/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSTexto en castellano de la convocatoriaPublicado 12/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSEXTRACTO da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212B).Publicado 15/01/2026Orden 26 de diciembre de 2025 por la que se regulan las bases que regirán el procedimiento de concesión de ayudas para la continuidad de casas del mayor, en régimen de concurrencia no competitiva, para los años 2026 y 2027 y se procede a su convocatoria