CerradaBDNS 883037
BASES REGULADORAS DE LOS PREMIOS DE CARNAVAL DE XERMADE 2026
LOCAL · XERMADE · AYUNTAMIENTO DE XERMADE
Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 12:36 (España)
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES112 - Lugo
Finalidad
Cultura
Plazos, con su contexto.
- Inicio de solicitudes
- 23/01/2026
- Fin de solicitudes
- 11/02/2026
- Registro en BDNS
- 23/01/2026
- Publicación en diario oficial
- 30/01/2026
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
ANUNCIOA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade, na sesión ordinaria celebrada o 21/01/2026, aprobou as BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2026 quedando como seguen: “O Entroido é tempo de encontro, de creatividade e de diversión compartida, no que a veciñanza se converte na verdadeira protagonista da festa. Co obxectivo de fomentar a participación, a imaxinación e o espírito festivo, o Concello de Xermade convoca o Concurso de disfraces Entroido Xermade 2026 o luns día 16 de febreiro no Pavillón Polideportivo de Xermade.Animamos a toda a veciñanza a participar activamente no concurso e a achegarse a gozar da festa, facendo do Entroido unha xornada inesquecible chea de risas, convivencia e bo humor.Aquelas persoas que queiran participar deben seguir as presentes bases do concurso. PRIMEIRA: Organización: A partir das 20.30 horas estará aberto o Pavillón Polideportivo de Xermade para as persoas que necesiten montar estruturas ou preparar os seus disfraces. Sobre as 21.30 HORAS dará comezo a actuación musical, e máis tarde, será o desfile de disfraces diante do xurado. É obrigatorio a asistencia ó desfile para poder participar no concurso. A orde no desfile estará marcada pola organización. As persoas participantes que necesiten música para o desfile deberán entregarlla á organización antes do inicio do desfile, sempre nun dispositivo USB. A duración da actuación escollida para o concurso será como máximo de 5 minutos. Exceder este tempo poderá penalizarse na decisión do xurado do concurso. Os grupos poderán acceder ao pavillón con estruturas ou plataformas ata uns tamaños máximos. A organización avisará da suspensión ou mantemento das estruturas no desfile. O Concello de Xermade resérvase o dereito a pospoñer ou cancelar dito evento ou parte do mesmo por pola existencia de circunstancias que non permitan o desenvolvemento normalizado da actividade (condicións climatolóxicas, restricións sanitarias, ou calquera outra circunstancia que non permita o desenvolvemento normalizado da actividade). SEGUNDA: Inscrición: O prazo de inscrición de participantes será desde o momento de publicación destas bases ata o 11 de febreiro. A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, achegando o Anexo I das presentes bases cuberto e un certificado de conta*. Todos os grupos e/ou disfraces inscritos deben levar no momento do desfile o número asignado polo concello. * Pode descargarse nas aplicacións móbiles de banca electrónica. TERCEIRA: Categorías e participantes: Establécense as seguintes categorías no concurso: PARTICIPANTES NON EMPADROADOS EN XERMADE GRUPO/PARELLAS/INDIVIDUAIS: No caso dos grupos, máis da metade do mesmo non pode estar empadroado en Xermade. Se é individual ou parella, ningunha persoa/s pode estar empadroada. *Se hai o mesmo número de empadroados que de non empadroados, pasarán á categoría de “Empadroados: 1 ou 2”. PARTICIPANTES EMPADROADOS EN XERMADE 1. GRUPO ADULTOS: Agrupación formada por un mínimo de tres (3) persoas participantes, con máis da metade das persoas do grupo empadroadas en Xermade, que garden unha unidade temática, e que desfilen ou realicen algunha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións. 2. INDIVIDUAIS/PARELLAS ADULTOS: Participantes a partir de 16 anos que concursen individualmente ou en parella, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes. 3. INFANTIL: participantes menores de 16 anos que concursen individualmente, en parella ou en grupo, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes. CUARTA: Xurado: O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases. Elaborará unha acta na que conste a resolución de disfraces premiados no concurso, asinada por todos os membros. Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria, polo que será necesaria a presentación do certificado con número de conta ao realizar a inscrición. Para a selección de premios o xurado terá en conta:a representación ou actuación realizada no desfile.a orixinalidade do disfraces.a confección dos disfraces. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios se considera que os/as participantes non reúnen a calidade precisa. En caso de quedar deserta algunha das categorías por ese ou outro motivo, o xurado poderá dispor de ese/eses premio/s para entregar a calquera das inscricións realizadas non premiadas previamente. QUINTA: Premios: o Concello de Xermade destina un total de mil douscentos euros aos premios deste concurso, consonte ao disposto nas Bases de Execución do Orzamento do exercicio 2026 e o Plan Estratéxico de Subvencións 2024-2026 publicado no BOP n.º 262 o 15/11/2023. Existe crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 338.48 do vixente orzamento de gastos por importe de 1.200,00 euros para facer fronte ao presente gasto. O xurado deberá escoller os seguintes premios: Non empadroados en Xermade1º Premio150 €2º Premio100 €3º Premio50 €Participantes empadroados en XermadeGRUPOS1º Premio200 €2º Premio150 €3º Premio100 €INDIVIDUAL/PARELLA1º Premio100 €2º Premio75 €3º Premio50 €INFANTIL1º Premio70 €2º Premio50 €3º Premio25 €Premio especial “Orixinalidade”Único80 € Premio especial “Orixinalidade”: A este premio optará calquera persoa/grupo inscrito. O xurado valorará para outorgar este premio a orixinalidade do disfrace correspondente ou da posta en escena do mesmo, sempre e cando non se premiase xa nas categorías anteriores. SEXTA: Aceptación e datos: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que, diante de calquera dúbida, prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros. O incumprimento das bases suporá a descualificación no concurso. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.As presentes bases e os premios concedidos aos beneficiarios, serán publicados na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index). A organización realizará unha cobertura fotográfica dos diferente momentos do desfile. Os/as participantes, mediante a inscrición, consentirán na cesión da súa imaxe para as fotografías que se realizarán durante a celebración deste evento. As fotografías serán utilizadas pola Concello de Xermade con fins divulgativos e para a promoción das súas actividades en medios dixitais. O que asino en Xermade na data indicada á marxe O alcalde Roberto García Pernas (DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE) *NOTA: A todos os efectos, en caso de erro, terá prioridade o texto publicado na lingua cooficial. Anexo I Inscrición Concurso disfraces Entroido 2026Datos participante/s-Persoa física ou entidade (responsable do cobro en caso de obter premio): - DNI/NIF:- Enderezo: - Nome do disfraz:- Número participantes:- Teléfono de contacto:-Número de conta bancaria (a nome da persoa física ou entidade)*:* Entregar certificado de contaCategoría (marcar cun aspa)___ Participantes NON empadroados___ Participantes empadroados: Grupo___ Participantes empadroados: Individual/parella___ Participantes empadroados: InfantilAutorización:A persoa abaixo asinante autoriza ó Concello de Xermade, con CIF P2702100E a consultar as débedas ou liquidacións pendentes coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e coa Axencia Estatal de Administración Tributaria. Tamén autorizo a publicación de imaxes das persoas participantes nas RRSS do Concello ou calquera medio de comunicación.Sinatura: Número asignado (a cubrir polo Concello) _______________________________________________
Bases y documentación
Documento de la convocatoria en españolPublicado 23/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSAnexo IPublicado 23/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSDocumento de la convocatoria en lengua cooficialPublicado 23/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSBASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2026Publicado 30/01/2026BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2026Información orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.