encuentraayudas
Plazo no verificadoBDNS 883129

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.

LOCAL · OROSO · AYUNTAMIENTO DE OROSO

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 12:37 (España)

¿A quién se dirige?

PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES111 - A Coruña

Finalidad

Servicios Sociales y Promoción Social

Plazos, con su contexto.

Inicio de solicitudes
No consta
Fin de solicitudes
No consta
Registro en BDNS
23/01/2026
Publicación en diario oficial
28/01/2026

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

ASUNTO: BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.Por acordo do Pleno da Corporación adoptado na súa sesión ordinaria de data 27 de novembro de 2025 prestouse aprobación ás seguintes bases e convocatoria para a concesión de axudas dentro do programa de emerxencia social municipal do Concello de Oroso para o exercicio económico de 2026, no marco establecido na Ordenanza Municipal reguladora da concesión de subvencións do Concello de Oroso publicada no BOP número 246 de data 29 de decembro de 2022 recollidas na área número 2 liña a) do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Oroso para o período 2026-2028 aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión ordinaria de data 27 de novembro de 2025 e publicado no BOP número 232 de data 3 de decembro de 2025, incluídas dentro das bases de execución do orzamento de 2026, que son obxecto de publicación:BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL 2026.1.–OBXECTO E MODALIDADES.De conformidade co disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, é obxecto destas bases a regulación das axudas municipais para paliar situacións de emerxencia social de persoas ou familias residentes no concello de Oroso.Entendese por axudas de emerxencia social ao conxunto de axudas e prestacións económicas destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e  previr situacións de exclusión social.A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade xeradas por unha emerxencia individual e/ou familiar. Sempre e cando exista  unha carencia de medios económicos para satisfacer a necesidade e  factores de risco social.Distínguense dentro das axudas de emerxencia social dúas modalidades:a)            Axudas de emerxencia temporal, con carácter periódico e duración determinada.b)            Axudas de emerxencia de pago único, con carácter puntual.Ambas deberan estar motivadas por causas excepcionais, urxentes e previsiblemente irrepetibles.1.2 Considéranse situacións de emerxencia social os seguintes supostos:Falta de cobertura mínima das necesidades básicas de carácter persoal: alimento, vestido, produtos de hixiene, coidados básicos das persoas e débedas ocasionadas por estes mesmos conceptos.Falta de solvencia económica para a conservación do uso da vivenda habitual así como para saldar débedas por este concepto: alugueiro, fianza e aquelas que por valoración técnica se estime necesario no referente ao mantemento e conservación da vivenda.Falta de solvencia económica para o abono da subministracións da vivenda habitual: auga, luz e gas, incluída a alta inicial ou ben a producida despois dun corte dos subministrosFalta de cobertura económica para la adquisición de equipamento básico para o fogar tales como mobiliario, electrodomésticos e enxoval doméstico de primeira necesidade, así como a mellora das condicións de habitabilidade da vivenda habitual.Falta de solvencia económica para gastos médico-sanitarios e farmacéuticos de carácter urxente e débedas ocasionadas por este mesmo concepto.Falta de cobertura económica para o pago dun lugar alternativo de aloxamento, cando é inviable a permanencia da persoa no seu domicilio habitual por unha situación de catástrofe, ou por unha situación persoal, familiar, sanitaria e/ou social. Tamén pola  falta de dispoñibilidade de centros para cubrir a necesidade de aloxamento tales como: residencias, centros para persoas con diversidade funcional, centros  para mulleres e doutra tipoloxíaEsta axuda será de carácter transitorio ata a concesión dun  recurso de aloxamento definitivo público ou privado.Falta de cobertura económica para a cobertura de gastos de libros de texto e  material escolar da educación non universitaria.Falta de solvencia económica para afrontar  outros gastos excepcionais derivados da cobertura de necesidades non recollidas nos anteriores apartados.1.3 Tipos de axudasA.1) Axuda para necesidades básicas: alimentos, vestido, produtos de hixiene e coidados básicos das persoasA.2) Axuda para pagos de alugueiro, fianza, desafiuzamento e aquelas que por valoración técnica se estimen necesarias no referente ao mantemento e conservación da vivenda.A.3) Axuda para pago de subministracións básicas da vivenda: auga, luz e gas, incluída a alta inicial ou ben a producida despois dun corte dos subministros.A.4) Axudas para adquisición de equipamento de primeira necesidade (mobiliario, electrodomésticos e enxoval doméstico) e a mellora das condicións de habitabilidade da vivenda habitual.A.5) Axuda para a cobertura de gastos médico-sanitarios e farmacéuticos de carácter urxente e débedas ocasionadas por estes mesmos conceptos.A.6) Axuda para o pago dun lugar alternativo e temporal de aloxamento.A.7) Axuda para a adquisición de libros e material escolar da educación non universitaria.A.8) Axuda económica derivada doutros gastos excepcionais derivados da cobertura de necesidades non recollidas e nos anteriores apartados. Está destinada a previr situacións de exclusión social e favorecer a normalización da situación socioeconómica das persoas e as familias.1.4 – Partida orzamentaria e importe máximo das axudas.As axudas reguladas nestas bases imputarase contra a partida orzamentaria 231.489.00 do orzamento de gastos do exercicio pola contía máxima de 5.000,00 euros anuais.Se o crédito orzamentario resultase insuficiente poderá ser obxecto de ampliación a través da correspondente modificación orzamentaria. 2.– PERSOAS BENEFICIARIAS.Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia residentes no municipio de Oroso, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer a súas necesidades básicas  sempre como un apoio á intervención social.Entendese como unidade familiar ó núcleo de convivencia de 2 ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou outra forma de relación análoga á conxugal, adoptiva ou de consanguinidade ata o  terceiro grao e de afinidade ata o segundo.O grao de parentesco  contarase a partir da persoa beneficiaria.Cando por causa de forza maior unha familia vese obrigada a residir con outra non perderá a condición de unidade económica independente. 3.–REQUISITOS3.1.–Estar empadroado/a no termo municipal de Oroso cunha antelación mínima de seis meses á solicitude. Poderán estar exentas deste período mínimo aquelas persoas ou familias sempre que o persoal técnico de traballo social dos servizos sociais  valore tecnicamente no informe social a existencia dunha situación de grave emerxencia que poda desencadear un proceso de exclusión social pola concorrencia dalgún dos factores recollidos no art. 3.1 da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia.3.2 Ter cumpridos os 18 anos ou ter  recoñecida a emancipación legal. Este límite de idade quedará exceptuado para quen non ten a dita idade, reúna o resto dos requisitos, e se atope nalgunha das seguintes situacións:Ter economicamente a seu cargo a outras persoas menores de idade ou persoas adultas con discapacidade ou en situación de dependencia.Estar nunha situación de orfandade absoluta sen dereito a  prestaciónTer constituída unha unidade de convivencia independente  polo menos cun ano de antelaciónSexan vítimas de violencia de xénero ou de violencia domésticaProceder de institucións de protección ou reeducación de menores3.2.– Que  polo carácter aprémante da necesidade se requira unha intervención inmediata e urxente, que non se poda resolver coa premura necesaria con outras axudas  públicas destinadas á mesma finalidade polos prazos establecidos para a súa tramitación.3.3.-Non ter acceso a axudas destinadas á mesma finalidade  doutros organismos, entidades o Administracións públicas que cubran a totalidade da necesidade pola que se solicita a prestación (terá carácter subsidiario con respecto a calquera outra axuda ou prestación pública destinada a  mesma finalidade).3.4.–Non dispoñer de bens mobles ou inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto ou calquera outro, que polas súas características, valoración,  ou posibilidade de explotación ou venta, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade pola que se solicita a axuda.3.6.–Carencia de medios económicos para facer fronte á necesidade de urxencia, de acordo co artigo 5.3.7.–Que no existan familiares obrigados legalmente a prestar alimentos e con posibilidades reais de prestarlles auxilio  económico. Quedan eximidos deste requisito aqueles solicitantes nos que se prevea que esta obrigación non se poda facer efectiva polas relacións familiares deterioradas, inexistentes, malos tratos familiares, o circunstancias socioeconómicas de precariedade. As circunstancias  acreditaranse no informe social correspondente.3.8.–Atoparse nunha situación de emerxencia social pola valoración técnica e ditame profesional do persoal técnico en traballo social dos servizos sociais comunitarios municipais.3.9. Presentar dificultades ou non dispoñer de recursos económicos suficientes  para dar resposta  situación de emerxencia existente. A estes efectos teranse en conta os límites económicos establecidos  para cada tipo de axuda descritos no artigo 6.3.10 Cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da lei xeral de subvencións, agás no punto 2 e), non sendo igualmente necesario o acreditamento de estar ao corrente coas obrigas da facenda municipal, tendo en conta a natureza da subvención concedida. 4. VALORACIÓN DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIALPara a valoración da situación de emerxencia social  terase en conta as seguintes dimensións ou áreas:ÁREA PERSOAL. Inclúe os seguintes eidos: competencias cognitivas, instrumentais, habilidades sociais,  axuste psicosocial e nivel de información dos recursos existentes.AREA CONVIVENCIAL e FAMILIAR. Inclúe os seguintes eidos: existencia e calidade da rede de apoio familiar, relación convivencial, atención ás persoas vulnerables (menores, persoas maiores, con discapacidade e en situación de dependencia). Situacións de vulnerabilidade e risco.ÁREA SOCIOSANITARIA E  AUTONOMÍA. Inclúe os seguintes eidos: o estado de  saúde, existencia de discapacidade e de dependenciaÁREA DE NECESIDADES PRIMARIAS. A cobertura das necesidade de vestido, alimentación.AREA DE FORMACIÓN E CAPACIDADE PROFESIONAL. Inclúe os seguintes eidos: a formación académica, o grao de empregabilidade, a experiencia laboral,  e cualificación.ÁREA ECONÓMICA. Inclúe os seguintes eidos: situación económica, fontes de ingresos, regularidade e periodicidade dos mesmos,  patrimonio e rendas, gastos e débedas por non pagamento, gastos básicos e extraordinarios, gastos da vivenda, endebedamento e risco de perda de bens  e outros (ingresos de economía mergullada ) e apoio económico de familiares.AREA LABORAL: Inclúe as seguintes cuestións:  situación laboral, ocupación e condicións laborais, inactividade laboral  ou de desemprego.ÁREA DE INCLUSIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL. Inclúe as seguintes cuestións: aceptación social,  relacións sociais, redes informais e grao de participación.AREA DA VIVENDA. Inclúe as seguintes cuestións: ubicación e  dispoñibilidade da vivenda, estabilidade do domicilio, condicións da habitabilidade e existencia de barreiras arquitectónicas, existencia e calidade do equipamento e tipos de subministracións.Ademais da valoración reflectida no punto anterior teranse en conta os seguintes factores de  vulnerabilidade e exclusión, cando estes  supoñan especiais dificultades para a  inclusión social:a.    Persoas emigrantes retornadasb.    Persoas inmigrantesc.     Persoas pertencentes a minorías étnicasd.    Familias monoparentaise.    Familias numerosasf.     Persoas afectadas por violencia domésticag.    Mulleres  en situación de  violencia de xéneroh.    Persoas en proceso de rehabilitación biopsicosocial, que  participen nun  programa de deshabituación de substancias aditivas. Así como aquelas que finalizaron recentemente o dito programa e se atopen nunha situación de vulnerabilidade social.i.      Persoas que procedan dunha institución penitenciaría polo cumprimento  dunha pena.j.      Persoa que procedan de institucións de protección o reeducación de menoresk.     Persoas con discapacidade  recoñecidal.      Persoas en situación de dependenciam.   Persoas que exercen o estar en proceso  de abandono da prostituciónn.    Persoas vítimas de explotación sexual-laboral  en redes de prostitución o trata de persoaso.    Ser una persoa sen fogar ou residir nunha infravivendap.    Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.q.    Calquera outro factor  non previsto que  xere una situación  de vulnerabilidade  e exclusión social. 5.– AXUDAS: LÍMITES DE RECURSOS  E CONTÍAA contía estará determinada pola tipoloxía ou  modalidade da axuda:5.1) Axudas para as necesidades básicas: alimentación, vestido, produtos de hixiene e coidados básicos das persoas.●     Limite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 70% IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e  un 10% polo segundo membro adicional e sucesivos.●     Contía e temporalidade: A contía máxima mensual será igual ao 65% do IPREM mensual, incrementándose nun 20% polo primeiro membro adicional, e un 10% a partir do e segundo membro adicional e sucesivos.●     A temporalidade máxima de percepción desta axuda é de 3 meses.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 12 meses.5.2) Axudas para pagos de alugueiro, fianza, desafiuzamento, cotas da comunidade e aquelas que pola valoración técnica se estime necesario no referente a conservación do  uso da vivenda.●     Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 90% do IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.●     Contía e temporalidade: A contía máxima mensual será igual ao 100% do gasto solicitado ata un máximo do importe correspondente a 4 mensualidades.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 18 meses. 5.3) Axudas para o pagamento de subministracións básicas da vivenda: auga, luz e gas., incluída a alta inicial ou ben a producida despois dun corte dos subministros.•      Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 80% IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.•      Contía e temporalidade: Os gastos subvencionables serán do 100% do importe da subministración ou do importe da alta.Poderase solicitar  o pagamento de distintos subministros, pero en todo caso a contía máxima subvencionable será do 200% do IPREM mensual•      Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 12 meses.5.4) Axudas para adquisición de equipamento de primeira necesidade e mellora das condicións de habitabilidade da vivenda habitual.●     Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 90% IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.●     Contía: A contía máxima subvencionable será do 500% do IPREM mensual.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 24 meses.5.5) Axudas para a cobertura de gastos médico-sanitarios e farmacéuticos de carácter urxente e débedas ocasionadas por este mesmo concepto.●     Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 80% IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.●     Contía e temporalidade: A contía máxima subvencionable por este concepto será do do 300% do IPREM mensual nun período de 12 meses.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorro un período mínimo de 12 meses.5.6) Axuda para o pagamento dun lugar alternativo e temporal de aloxamento.●     Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 110% do IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.•      Contía e temporalidade: A temporalidade máxima desta axuda será de 3 meses. A contía máxima será  de 600% do IPREM mensual.A persoa deberá achegar ata un máximo do 75% dos seus ingresos para sufragar o gasto solicitado, para o que será en  conta a súa situación persoal, familiar e social e sempre coa valoración técnica do persoal  titulado en Traballo Social. Todo isto deberá reflectirse no informe social e proposta de resolución.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 36 meses.5.7) Axuda para a adquisición de libros e material escolar da educación non universitaria.●     Límite de recursos da unidade de convivencia independente:  Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos o 80% do IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional, , e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.●     Contía: A contía máxima subvencionable será por cada menor escolarizado o 45 % do IPREM.●     Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 12 meses.5.8) Axuda económica derivada doutros gastos excepcionais derivados da cobertura de necesidades non recollidas nos anteriores apartados.•      Límite de recursos da unidade de convivencia independente: Para un fogar unipersoal establécese como límite de recursos 110% do IPREM mensual, incrementándose nun  20%  polo primeiro membro adicional e un 10% a partir do segundo membro adicional e sucesivos.•      Contía: A contía máxima subvencionable será do 500% do IPREM mensualEn todo caso e con carácter xeral, as axudas tramitaranse por solicitante o unidade de convivencia por concepto único e só con carácter excepcional poderán especificarse tres conceptos ou realizar tres solicitudes anuais por diferentes conceptos. A suma do importe das axudas das que se poda beneficiar a persoa solicitante non poderá superar os 3000€ ao ano.6.–CÓMPUTO DE RECURSOS ECONÓMICOS DOS BENEFICIARIOSPara determinar os recursos económicos  da unidade de convivencia  terase en conta:Ingresos: O total de ingresos que perciba no momento da solicitude a persoa solicitante e as que constitúan a unidade de convivencia en concepto de rendas, pensións, retribucións, prestacións, axudas, subsidios  e prestacións de pago único o por calquera outro concepto. Así como as cantidades percibidas en concepto de rendemento de capital mobiliario e inmobiliario, alugueiro ou similares, así como o rendemento do patrimonio.Descontarase da suma total dos ingresos o gasto derivado do uso da vivenda habitual en concepto de alugueiro ou do préstamo hipotecario. A contía máxima  que se pode restar aos ingresos por os ditos conceptos será do 100% do IPREM mensual.Bens patrimoniais, depósitos bancarios, contas correntes ou de aforro:Terán a  consideración de bens patrimoniais  os bens mobles e inmobles sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto, posesión ou calquera outro, excepto a vivenda habitual. Sempre que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indiquen a existencia de medios suficientes para a subsistencia da unidade de convivencia.A estes efectos  utilizaranse os seguintes criterios de valoración:●             Para  os bens inmobles empregarase o valor catastral.●             Para os vehículos, os valores fixados pola administración competente para  gravar a transmisión de vehículos usados.●             O valor de capital mobiliario será o do saldo medio dos seis meses anteriores á formulación da solicitude no caso de contas ou depósitos, e no resto o seu valor ao final do trimestre natural anterior. O valor do capital inmobiliario  determinarase o do  final do ano anterior.Non se considerarán recursos económicos a efectos do cómputo:a) Os ingresos irregulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento de supervivenciab) Os ingresos  de carácter finalista dirixidos á formación reguladac)Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada sempre que pola súa natureza  e menor contía dedúzase que só remuneran os gastos de asistencia ao curso ou incentivos á formación.d) As prestacións económicas procedentes do recoñecemento da situación de dependenciae)Calquera outra axuda de carácter finalista para a cobertura de necesidades básicas  doutras entidades ou administracións (tícket social eléctrico, axuda urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables, tarxeta benvida, etc.)7.–PROCEDEMENTO.De conformidade co disposto no artigo 22.2c) da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, as subvencións previstas nestas bases  outorgaranse directamente cando se acrediten os requisitos sinalados nos artigos 4 e 5 desta bases. Una vez aprobadas, xunto co orzamento do exercicio, estas bases serán publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa derrogación ou modificación expresa.Igualmente, de conformidade co previsto no artigo 20.8 b) da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, en atención a natureza das subvencións previstas nas presentes bases e o respecto e salvagarda do honra, a intimidade persoal e familiar das persoas físicas beneficiarias, non será obxecto de publicación na Base Nacional de Subvencións as subvencións concedidas e identidade dos beneficiarios ao abeiro das presentes bases.7.1 Documentación acreditativaO procedemento iniciase mediante a  solicitude, a través dunha instancia ao concello, segundo os anexos aprobados pola Alcaldía-Presidencia, acompañada da seguinte documentación  en todo caso:1.            Orzamento dos gastos para os que se solicita a axuda.2.            Copia do DNI ou NIE ou Pasaporte da persoa solicitante3.            Copia do DNI ou NIE ou Pasaporte das persoas que integran a unidade familiar4.            Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.5.            Certificado de empadroamento no que se acredite un tempo mínimo de seis meses (excepto casos especiais sinalados).6.            Certificado de convivencia.7.            No caso de persoas con discapacidade, ou en situación de dependencia a copia do certificado de discapacidade e/ou da situación de dependencia.8.            Nos casos de maltrato,  violencia doméstica ou de xénero terase que presentar a documentación que acredite a dita situación (copia da denuncia correspondente, da orde da protección, da sentencia xudicial ou informe dun centro acreditado de atención a muller).9.            No caso de separación ou divorcio deberá presentar a documentación acreditativa da dita situación e  da pensións alimenticias e compensatorias no seu caso10.          Xustificantes dos gastos da vivenda: fotocopia do contrato de alugueiro, fotocopia dos recibos do alugueiro ou xustificante do préstamo hipotecario. No caso de vivendas compartidas ou pensións a declaración da persoa  propietaria do  custe do cuarto.11.          Informe emitido polo persoal  facultativo do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda que teña que ver coa saúde da persoa beneficiaria ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.12.          No caso de solicitar unha axuda para o tratamento farmacolóxico deberá achegar o documento da prescrición médica e a documentación acreditativa da farmacia do custe do produto.13.          Xustificantes dos ingresos da unidade familiar:●             Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda do último exercicio fiscal dispoñible de cada un dos membros da unidade familiar, ou no caso que no se estivese obrigado a presentar a declaración do IRPF segundo a normativa correspondente, certificado de imputacións de renda declarados por terceiros expedido pola mesma Axencia. Os certificados achegados non poderán ter una antigüidade maior de un mes dende a data de presentación da solicitude. Alternativamente poderase substituír mediante autorización ao concello de Oroso para obter os devanditos datos vía telemática.●             No caso de persoas en situación de desemprego, tarxeta de demanda de emprego e certificado das prestacións por desemprego ou no seu defecto o certificado negativo das ditas prestacións emitido por la oficina do SEPE.●             Certificado de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, so no caso de persoas en idade laboral.●             Fotocopia do contrato de traballo e as tres últimas nóminas, dos que realicen unha actividade laboral.●             Certificado das prestacións ou pensións do ano en curso e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar.●             Extracto dos movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar, que inclúan os 12 meses anteriores á solicitude●             Certificado do banco, que acredite  os rendementos efectivos xerados polo capital mobiliario de ano anterior dos maiores de 18 anos.●             Certificación da  titularidade de bens inmobles, da persoa solicitante e persoas da unidade de convivencia.●             Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, e das persoas da unidade de convivencia.p) Documento de domiciliación bancaria, certificado da entidade bancaria onde consten os datos do titular da axuda (si é un pago directo), ou factura da persoa  provedora (si é un pago indirecto).q) Outros documentos específicos segundo as circunstancias da necesidade.r) Calquera outra documentación que para a correcta valoración da solicitude lle poda ser requirida durante a tramitación.7.2.–Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.a) A solicitude, acompañada da documentación acreditativa  presentarase no rexistro de entrada do Concello para o seu traslado ao departamento municipal de servizos sociais.b) Unha vez recibida a solicitude  requirirase no seu caso a persoa interesada para que proceda á subsanación do erros ou para a achega da documentación necesaria nun prazo de 15 días, apercibíndolle que no caso contrario se lle terá por desistida súa petición, procedéndose ao arquivo do expediente.c) O persoal técnico en traballo social dos servizos sociais comunitarios procederá a comprobar as circunstancias familiares, sociais e económicas da persoa interesada para a realización do informe social,  que incluirá as valoracións cualitativas (entrevistas, visitas...) e cuantitativas (comprobación dos requisitos económicos)d) O Departamento Municipal de Servizos Sociais elaborará a oportuna proposta sobre a procedencia de conceder ou denegar a axuda solicitada.O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.7.3.–Resolucións e notificación ás persoas interesadas.Unha vez completado o expediente, previa a fiscalización da Intervención e acreditación de existencia de crédito, elevarase a Alcaldía a solicitude coa documentación adxunta e o informe social. O dito informe social acreditará a urxencia da axuda solicitada coa valoración técnica, para que se emita a resolución.En todo caso a axuda concederase en función do crédito orzamentario dispoñible.Na resolución quedarán reflectidos os seguintes extremos:• Identificación da persoa beneficiaria• Concepto para o que se concede a axuda• Contía da axuda concedida• Forma de pago• Duración máxima da axudaNotificarase á persoa interesada a resolución adoptada nun prazo máximo dun mes, transcorrido o dito prazo sen que se  producira unha resolución expresa  poderase entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.De maneira excepcional, poderá ditarse unha resolución provisional, cando concorran unhas circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen, ata que sexa completado o expediente, cunha certificación previa de crédito orzamentario.7.4.–Forma de pago.A  forma de pago da axuda concedida determinarase na resolución, podendo ser:• En metálico, directo ou indirecto. No primeiro caso será  a favor da persoa solicitante  da axuda, por medio dunha transferencia bancaria. No segundo caso, de xeito indirecto será a favor da persoa provedora, tras a comprobación da factura correspondente, en cuxo caso a persoa perceptora da axuda deberá asinar unha declaración xurada facendo constar a cesión do pago a favor da persoa provedora.• En especie: cando a xuízo dos servizos sociais a entrega do diñeiro non sexa axeitado, as axudas xestionadas de forma puntual polo concepto solicitado (alimentos, medicamentos, ou outras) serán subministradas directamente pola empresa subministradora designada polo concello. A estes efectos, a persoa beneficiaria  acudirá ao Departamento de Servizos Sociais a recoller a autorización que lle permita acudir á empresa subministradora. A dita empresa deberá presentar no Concello esta autorización, xunto coa factura para poder   abonárselle a contía da axuda. 8.–XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.a) Pagamento en metálico.1. Con carácter xeral, a xustificación das cantidades subvencionadas farase de forma previa ao pagamento  mediante os seguintes medios:• Factura con todos os requisitos regulamentarios.• Contrato ou documento probatorio da prestación no caso de servizos prestados polas persoas ou entidades non obrigadas a facturar.En todo caso, deberán quedar de manifesto os seguintes extremos:• Nome ou razón social e NIF da persoa provedora ou prestadora de servizos.• Nome e NIF da persoa perceptora da prestación, que deberá ser obrigatoriamente o perceptor de la subvención.• Contía do importe do subministro ou servizo,  cos impostos incluídos.• Concepto do subministro ou prestación de servizos.• Data ou período de entrega do subministro ou prestación do servizo.2. Excepcionalmente, a xustificación poderá ser posterior á percepción do pagamento cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas no informe técnico. Neste caso, a persoa beneficiaria  xustificará a axuda ante o  concello nun prazo máximo dun mes dende a recepción do importe.b)Pagamento en especie.A persoa perceptora da subvención estará obrigado á sinatura do recibín das autorizacións ou vales necesarios para a retirada dos produtos subvencionados, así como a entrega á empresa subministradora  designada polo Concello dos vales contra a entrega dos produtos.En todo caso, transcorridos seis meses dende a concesión da subvención sen  que se xustifique, entenderase caducada e  anularase, agás a  concesión rogada de prórroga, outorgada unicamente para casos excepcionais. 9.–INSPECCIÓN E CONTROLO  concello poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades subvencionadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa, así como a requirir as persoas beneficiarias nos termos que precise, todo iso de conformidade co disposto no título III da Lei 38/2003. 10.–OBRIGACIÓNS DAS PERSOAS INTERESADASAs persoas solicitantes destas axudas están obrigadas a:1.Comunicar ao Departamento Municipal de servizos Sociais todas aquelas variacións producidas na súa situación socio familiar, que podan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.2. Destinar a cantidade percibida para os fins para os que se concedeu.3. Permitir e facilitar a actuación dos servizos sociais para avaliar a súa situación socio-familiar e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para  que se concedeu.4. Reintegrar os importes concedidos cando non se destinen aos fins para que se concederon.11.–EXTINCIÓN.Serán causas de extinción da axuda concedida:1. Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda.2. Desaparición das circunstancias que  deron orixe a súa concesión.3. Baixa do padrón municipal.4. A non presentación das facturas que deron lugar á axuda concedida.5. Cumprimento do prazo de duración da prestación económica.6. Falecemento da persoa beneficiaria 12.–INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.O réxime de infraccións e sancións será o establecido no título IV da Lei 38/2003.O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, ou incumprimento da obrigación da xustificación, a duplicidade de subvenciones para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos doutras administracións públicas, constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.Igualmente, o falseamento ou ocupación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación da prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación da subvención e a obrigación do reintegro das cantidades recibidas.As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobro o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRAEn o non previsto nestas bases será de aplicación a lei 38/2003 de subvencións, regulamento xeral de subvencións a Lei reguladora das Bases do Réxime Local e a Lei de Facendas Locais.DISPOSICIÓN FINALAs presentes bases forman parte das Bases de Execución do orzamento do exercicio 2026, e entrarán en vigor unha vez aprobadas as mesmas polo Pleno da Corporación xunto co orzamento do exercicio e sexan publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, continuando tendo efectos no suposto de prórroga orzamentaria prevista no texto refundido da lei reguladora das facendas locais, ata o momento da aprobación e entrada en vigor dun novo orzamento.Oroso a data de sinatura electrónicaO ALCALDE-PRESIDENTEAsdo: Alexander Doval Expósito.

Bases y documentación

Documento de la convocatoria en españolPublicado 23/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSBASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026Publicado 28/01/2026BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.