encuentraayudas
Plazo no verificadoBDNS 883141

BASES REGULADORAS PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.

LOCAL · OROSO · AYUNTAMIENTO DE OROSO

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 12:37 (España)

¿A quién se dirige?

PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES111 - A Coruña

Tipo de convocatoria

Concesión directa - canónica

La fuente identifica una concesión directa. Que figure un plazo no implica que exista una solicitud abierta al público general. Consulta los beneficiarios y las bases oficiales.

Finalidad

Servicios Sociales y Promoción Social

Plazos, con su contexto.

El estado actual del plazo no está verificado. Estas son las fechas declaradas en la BDNS; compruébalas en la fuente oficial.

Inicio de solicitudes
No consta
Fin de solicitudes
No consta
Registro en BDNS
23/01/2026
Publicación en diario oficial
28/01/2026

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

ASUNTO: BASES REGULADORAS PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.Por acordo do Pleno da Corporación adoptado na súa sesión ordinaria de data 27 de novembro de 2025 prestouse aprobación ás seguintes bases e convocatoria para o reparto e a prestación de produtos de primeira necesidade do Concello de Oroso para o exercicio económico de 2026, no marco establecido na Ordenanza Municipal reguladora da concesión de subvencións do Concello de Oroso publicada no BOP número 246 de data 29 de decembro de 2022 recollidas na área número 2 liña b) do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Oroso para o período 2026-2028 aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión ordinaria de data 27 de novembro de 2025 e publicado no BOP número 232 de data 3 de decembro de 2025, incluídas dentro das bases de execución do orzamento de 2026, que son obxecto de publicación:BASES REGULADORAS PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.OBXECTO.De conformidade co disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, é obxecto destas bases a regulación das axudas municipais  para  persoas ou familias mais desfavorecidas residentes no concello de Oroso para que poidan adquirir produtos de primeira necesidade nos comercios daquelas empresas adheridas ao programa, mediante a entrega dunha tarxeta (tipo prepago).CRÉDITO ORZAMENTARIOAs axudas reguladas nestas bases imputarase contra a partida orzamentaria 231.489.01 do orzamento de gastos do exercicio pola contía máxima na mesma que ascende á cantidade de 40.000,00 euros.Se o crédito orzamentario resultase insuficiente poderá ser obxecto de ampliación a través da correspondente modificación orzamentaria.PERSOAS BENEFICIARIAS.Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia residentes no municipio de Oroso, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer a súas necesidades de produtos de primeira necesidade, e cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases.Entendese como unidade familiar ó núcleo de convivencia de 2 ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou outra forma de relación análoga á conxugal, adoptiva ou de consanguinidade ata o  terceiro grao e de afinidade ata o segundo.O grao de parentesco  contarase a partir da persoa beneficiaria.Cando por causa de forza maior unha familia vese obrigada a residir con outra non perderá a condición de unidade económica independente. REQUISITOS4.1.–Estar empadroado/a no termo municipal de Oroso.4.2 Ter cumpridos os 18 anos ou ter  recoñecida a emancipación legal. Este límite de idade quedará exceptuado para quen non ten a dita idade, reúna o resto dos requisitos, e se atope nalgunha das seguintes situacións:a.            Ter economicamente a seu cargo a outras persoas menores de idade ou persoas adultas con discapacidade ou en situación de dependencia.b.            Estar nunha situación de orfandade absoluta sen dereito a  prestación.c.             Ter constituída unha unidade de convivencia independente  polo menos cun ano de antelación.d.            Sexan vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica4.3.–Carencia de medios económicos para facer fronte á compra de produtos de 1º necesidade.4.4.–Que no existan familiares obrigados legalmente a prestar alimentos e con posibilidades reais de prestarlles auxilio  económico. Quedan eximidos deste requisito aqueles solicitantes nos que se prevea que esta obrigación non se poda facer efectiva polas relacións familiares deterioradas, inexistentes, malos tratos familiares, o circunstancias socioeconómicas de precariedade. As circunstancias  acreditaranse no informe social correspondente.4.5 Cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da lei xeral de subvencións, agás no punto 2 e), non sendo igualmente necesario o acreditamento de estar ao corrente coas obrigas da facenda municipal, tendo en conta a natureza da subvención concedida. VALORACIÓN E REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DAS TARXETAS SOLIDARIASSerán requisitos necesarios para a concesión das tarxetas solidarias:Que a unidade familiar teña fixada a residencia e estean empadroados no Concello de Oroso.Que soliciten e acrediten a situación de necesidade de alimentos.Que haxa informe técnico sociofamiliar favorable no que se valorará a situación socio-económica da unidade de convivenciaQue a unidade familiar non dispoña de ingresos suficientes para afrontar a cobertura desta necesidade básica segundo o establecido na táboa que a continuación se presenta.65% do IPREMfamilias de 1 membro75% do IPREMfamilias de 2 membros85% do IPREMfamilias de 3 membros95% do IPREMfamilias de 4 membros105% do IPREMfamilias de 5 membros ou máis membroA temporalidade máxima de percepción desta axuda é de 6 meses.Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 6 meses. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS TARXETAS SOLIDARIAS.Para a determinación dos ingresos a partir dos que proceda o recoñecemento da axuda teranse en conta os ingresos de toda a unidade familiar.Computaranse como recursos da unidade familiar a totalidade dos ingresos que se obteñan polos conceptos de rendementos do traballo, retribucións, renda, prestacións, pensión alimenticia e/ou compensatoria establecida mediante resolución xudicial, ou calquera outro título , no momento da presentación da solicitude.Exceptuarase os ingresos obtidos polas libranzas para o coidado no contorno familiar.Así mesmo terase en consideración o saldo das contas bancarias dos últimos seis meses  das que son titulares tódolos membros da unidade familiar de tal forma que pola súas características e valoración indiquen a existencia ou non de medios suficientes para a cobertura das necesidades básicas  da unidade de convivencia.Cando non se poidan xustificar documentalmente ingresos acreditaranse por declaración xurada so en situacións excepcionais.Para o cómputo final dos ingresos, unha vez determinados estes, descontarase o aluguer ou hipoteca nunha máxima equivalente ao 100% do IPREM mensual. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DAS TARXETAS SOLIDARIASIdentificadas as persoas solicitantes farase entrega das tarxetas solidarias a cada familia informando previamente por escrito todos os produtos que poden adquirir e cales non está permitido mercar.produtos que non está  permitido adquirir (bebidas alcohólicas, bebidas azucradas, bombóns, produtos de maquillaxe, menaxe, lambetadas, marisco, bollería industrial, plantas…)Contía a recibir na tarxeta segundo o numero de membros na unidade familiar.110€familias de 1 membro185€familias de 2 membros260€familias de 3 membros325€familias de 4 membros390€familias de 5 membro ou máis membrosO numero de familias que poden acceder a estas tarxetas solidarias está supeditado o presuposto da subvención. No caso de non haber suficiente orzamento incluirase nunha listaxe de agarda. A orde de prelación da listaxe de agarda ordearase tendo en conta a menor renda económica familiar e non por orde de entrada da documentación no rexistro. PROCEDEMENTO.De conformidade co disposto no artigo 22.2c) da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, as subvencións previstas nestas bases  outorgaranse directamente cando se acrediten os requisitos sinalados nos artigos 4 e 5 destas bases. Una vez aprobadas, xunto co orzamento do exercicio, estas bases serán publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa derrogación ou modificación expresa.Igualmente, de conformidade co previsto no artigo 20.8 b) da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, en atención a natureza das subvencións previstas nas presentes bases e o respecto e salvagarda do honra, a intimidade persoal e familiar das persoas físicas beneficiarias, non será obxecto de publicación na Base Nacional de Subvencións as subvencións concedidas e identidade dos beneficiarios ao abeiro das presentes bases.8.1 Documentación acreditativaO procedemento iniciase mediante a  solicitude, a través dunha instancia ao concello, segundo os anexos aprobados pola Alcaldía-Presidencia, acompañada da seguinte documentación  en todo caso:Copia do DNI ou NIE ou pasaporte da persoa solicitante.Copia do DNI ou NIE ou pasaporte das persoas que integran a unidade familiarCopia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.No caso de separación ou divorcio deberá presentar a documentación acreditativa da dita situación e  da pensións alimenticias e compensatorias no seu casoXustificantes dos gastos da vivenda: fotocopia do contrato de alugueiro, fotocopia dos recibos do alugueiro ou xustificante do préstamo hipotecario.Xustificantes dos ingresos da unidade familiar:Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda do último exercicio fiscal dispoñible de cada un dos membros da unidade familiar, ou no caso que no se estivese obrigado a presentar a declaración do IRPF segundo a normativa correspondente, certificado de imputacións de renda declarados por terceiros expedido pola mesma Axencia. Os certificados achegados non poderán ter una antigüidade maior de un mes dende a data de presentación da solicitude. Alternativamente poderase substituír mediante autorización ao concello de Oroso para obter os devanditos datos vía telemática.No caso de persoas en situación de desemprego, tarxeta de demanda de emprego e certificado das prestacións por desemprego ou no seu defecto o certificado negativo das ditas prestacións emitido por la oficina do SEPE.Certificado de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, so no caso de persoas en idade laboral.Fotocopia do contrato de traballo e as tres últimas nóminas, dos que realicen unha actividade laboral.Certificado das prestacións e pensións do ano en curso e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar.Extracto dos movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar, que inclúan os 12 meses anteriores á solicitudeCando non se poidan xustificar documentalmente ingresos acreditaranse por declaración xurada so en situacións excepcionais. 8.2.–Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.a) A solicitude, acompañada da documentación acreditativa  presentarase no rexistro de entrada do Concello para o seu traslado ao departamento municipal de servizos sociais.b) Unha vez recibida a solicitude  requirirase no seu caso a persoa interesada para que proceda á subsanación do erros ou para a achega da documentación necesaria nun prazo de 10 días hábiles, apercibíndolle que no caso contrario se lle terá por desistida súa petición, procedéndose ao arquivo do expediente.c) O persoal técnico dos servizos sociais comunitarios procederá a comprobar as circunstancias familiares, sociais e económicas da persoa interesada para a realización do informe socio familiar.d) O Departamento Municipal de Servizos Sociais elaborará a oportuna proposta sobre a procedencia de conceder ou denegar a axuda solicitada.O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano. 8.3.–Resolucións e notificación ás persoas interesadas.Unha vez completado o expediente, previa a fiscalización da Intervención e acreditación de existencia de crédito, elevarase a Alcaldía a solicitude coa documentación adxunta e o informe socio familiar. O dito informe acreditará a necesidade da axuda solicitada coa valoración técnica, para que se emita a resolución.En todo caso a axuda concederase en función do crédito orzamentario dispoñible.Na resolución quedarán reflectidos os seguintes extremos:• Identificación da persoa beneficiaria• Contía da axuda concedida• Duración máxima da axudaNotificarase á persoa interesada a resolución adoptada nun prazo máximo dun mes, transcorrido o dito prazo sen que se  producira unha resolución expresa  poderase entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.De maneira excepcional, poderá ditarse unha resolución provisional, cando concorran unhas circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen, ata que sexa completado o expediente, cunha certificación previa de crédito orzamentario.OBRIGASComunicar aos Servizos sociais calquera variación da situación socio-familiar que poida modificar as circunstancias que motivaron a solicitude no prazo de 10 días naturais.Destinar a axuda para produtos de primeira necesidade, nunca para a súa venta nin agasallo.Reintegrar os produtos non caducados que non se vaian consumirCumprir o proxecto individualizado CAUSAS DE BAIXANon cumprir os requisitos económicos anteriormente expostosA ocultación ou falseamento de datos familiares, económicos da unidade familiar.A solicitude por parte da familia de baixa voluntaria.A modificación das circunstancias familiaresDesaparición das circunstancias que  deron orixe a súa concesión.Baixa do padrón municipal.A non presentación da documentación requiridaA compra de produtos prohibidos.Cumprimento do prazo de duración da prestación económica. RÉXIME SANCIONADOR11.1.–INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.A doazón, a venda ou tirar o lixo os produtos adquiridos terá una sanción tipificada como grave e implicará unha baixa no programa e o impedimento de presentar unha nova solicitude por un período de 12 meses, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRAEn o non previsto nestas bases será de aplicación a lei 38/2003 de subvencións, regulamento xeral de subvencións a Lei reguladora das Bases do Réxime Local e a Lei de Facendas Locais. DISPOSICIÓN FINALAs presentes bases forman parte das Bases de Execución do orzamento do exercicio 2026, e entrarán en vigor unha vez aprobadas as mesmas polo Pleno da Corporación xunto co orzamento do exercicio e sexan publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, continuando tendo efectos no suposto de prórroga orzamentaria prevista no texto refundido da lei reguladora das facendas locais, ata o momento da aprobación e entrada en vigor dun novo orzamento. ANEXOSANEXO I: SOLICITUDE DE PRESTACIÓN DE PRODUCTOS DE PRIMEIRA NECESIDADEANEXO II: IMPRESO DAS OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIASANEXO III:  INFORMACIÓN AVANZADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS.ANEXO IV. AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE OROSO POIDA SOLICITAR DATOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DA RENDA (IRPF) E AO CUMPRIMENTO DE OBRIGAS TRIBUTARIASANEXO V: PROXECTO INDIVIDUALIZADO DE ITINERARIO DE FORMACIÓN E EMPREGO.ANEXO VI:INFORME SOCIO FAMILIAR ANEXO I: SOLICITUDE DE PRESTACIÓN DE PRODUCTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE 1.- DATOS DO SOLICITANTENome e apelidosDNIEnderezoCódigo postalData de nacementoEstado civilTeléfono móbilTeléfono móbilTeléfono fixoEmail Réxime da vivenda: aluguer, propiedade, outrosCusto mensual2. UNIDADE DE CONVIVENCIAAPELIDOS E NOMEPAREN-TESCODATA NACEMENTOE.CDNISITUACIÓN LABORAL 3.- DECLARACIÓN Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados na presente solicitude e quedo informado/a da obrigación de comunicar ao Departamento de Servizos Sociais deste Concello calquera variación que puidera producirse no sucesivo, sendo consciente de que a ocultación ou falsidade de datos implicará o impedimento da tramitación da solicitude. DECLARACIÓN DE INGRESOS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA PERSOA USUARIAPROCEDENCIACUANTÍAINGRESOSALUGUER, HIPOTECARENDA FAMILIAR En Oroso , a __ de___________ de 20__(Sinatura) *En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos persoais obtidos mediante a cumplimentación deste documento, van ser incorporados para o seu tratamento nun ficheiro do que é titular o Concello de Oroso. Asúmesmo, infórmaselle que a recollida e tratamento de ditos datos ten como finalidade exclusiva o control das tarxetas solidarias para a compra de artigos de primeira necesidade  no acordo con Vegalsa- EroskiDe acordo co previsto na citada Lei Orgánica, pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo un escrito a esta entidade. Documentación que debe achegar na entrevista solicitada:1.- Fotocopia compulsada dos documentos de identificación dos membros da unidade familiar (DNI, pasaporte, tarxeta de residencia…)2.- Fotocopia compulsada do libro de familia ou documentación equivalente demostrativa da filiación.3.- Xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:- tarxeta do Inem.- follas de salario de todos os membros da unidade familiar que perciban haberes- certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego- certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social, Xunta...- no caso de separación ou divorcio ou menores a cargo deberá presentar documentación acreditativa da situación e das pensións alimenticias e compensatorias no caso de percibilas.4.- Copia do contrato de aluguer ou do préstamo hipotecario, de ser o caso e xustificantes do pago dos últimos 3 meses.5.- Documento ou extracto bancario das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos tódolos membros  da unidade familiar sobre o movementos bancarios existentes nos 12 meses anteriores á solicitude.6.- Naqueles casos nos que non sexa posible achegar a documentación específica sinalada sobre os ingresos, aportarase declaración xurada de ingresos so en situacións excepcionais. ANEXO II: IMPRESO DAS OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS Declaración de conformidade sobre as obrigas da persoa beneficiaria da axuda de alimentosNome e apelidos: _______________________________________________________DNI / NIE / Pasaporte:_____________________________Por medio da presente declaración considérome informado/a e manifesto a miña conformidade co que de seguido se expresa: Teño a obriga de informar o departamento de servizos sociais  da miña situación familiar así como calquera cambio na situación económica, laboral, de residencia, de teléfono o calquera outra situación de tódalas persoas que integren a unidade de convivencia.Teño a obriga de destinar a axuda que recibo gratuitamente para alimentación familiar, nunca para a súa venta, cesión ou doazón ...Teño a obriga de reintegrar os produtos non caducados que non se vaian a consumir  ven sexa por non querer ou non necesitar ditos produtos o departamento de servizos sociaisNo caso de atopar algunha anomalía ou mal estado nun alimento ou produto teño que notificalo non departamento de servizos sociais.Teño a obriga de acudir a recoller os alimentos na data e na hora establecidas para o reparto, No caso de non contestar a chamada e non persoarse a recoller os alimentos implica a baixa no reparto de alimentos.Só se fará entrega domiciliaria nos casos informados favorablemente para elo polos técnicos de servizos sociais.Son coñecedor/a e autorizo a que os meus datos persoais sexan incorporados para o seu tratamento nun ficheiro do que é titular o Concello de OrosoSon coñecedor/a de que o tratamento e a recollida dos meus datos persoais ten como finalidade exclusiva o control dos alimentos entregados e das familias que os reciben dentro do Plan de axuda alimentaria ás persoas máis necesitadas levada a cabo polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e outras entidades que xestionan programas de alimentos. .Son coñecedor/a de que conforme a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, podo exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo un escrito ao Concello En Oroso , a __ de___________ de 20__(Sinatura) ANEXO III:  INFORMACIÓN AVANZADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS – SERVIZOS SOCIAISO Responsable de Tratamento dos datos persoais é CONCELLO DE OROSO, con dirección en PRAZA ISAAC DIAZ PARDO Nº1, 15888 - SIGÜEIRO (A CORUÑA); info@oroso.gal.1.- O Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE OROSO é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en info@oroso.gal.2.- Finalidade do tratamento: Os datos serán empregados para prestarlle o mellor servizo no marco das funcións que sexan competencia dos Servizos Sociais do CONCELLO DE OROSO, en particular, o servizo para o reparto e a prestación de productos de primeira necesidade…Para a correcta prestación do servizo, poder ser necesario solicitarlle datos sobre o seu estado de socioeconomico así como familiar.Prazo de conservación: os datos facilitados conservaranse durante o tempo necesario para poder atender a súa solicitude, así como para dar cumprimento legal ás xestións administrativas derivadas da prestación do servizo e, no suposte de solicitar a supresión dos mesmos, serán conservados ata que se vexa cumprido o prazo de prescripción de posibles responsabilidades derivadas do tratamento.3.- lexitimación: Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa firma da presente circular.4.-destinatarios de cesións: Os datos facilitados poderán ser obxecto de cesión a terceiros para o cumprimento de funcións directamente relacionadas cós fins lexítimos dos Servizos Sociais do Concello e, en particular, poderán ser comunicados ás seguintes entidades: Empresas, proveedores e entidades sen ánimo de lucro (fundacións, asociacións, ONG´s…) colaboradoras dos Servizos Sociais do CONCELLO DE OROSO directamente relacionadas coa prestación de alimentos . Xunta de Galicia con competencias na materia coa finalidade de cumprir coas obrigas de elaboración dos informes mensuais de consultas e da “memoria e funcionamento anual” e para facilitar, con carácter xeral a comprobación do axeitado funcionamento do centro de Servizos Sociais, dentro dos parámetros da normativa que os regula. Forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, servizos de emerxencia, servizos sociais, coa finalidade de prestar unha atención integral ós usuarios.No caso de solicitude de subvencións ou outro tipo de axudas económicas, os datos persoais facilitaranse a todas as administracións públicas con competencia na materia, por ser xestoras das mesmas.5.- dereitos: CONCELLO DE OROSO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, nas nosas instalacións ou por correo electrónico en info@oroso.gal, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.En Oroso , a __ de___________ de 20__(Sinatura)ANEXO IV AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE OROSO POIDA SOLICITAR DATOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DA RENDA (IRPF) E AO CUMPRIMENTO DE OBRIGAS TRIBUTARIAS A/s persoa/s abaixo asinante/s autoriza/n ao Concello de Oroso ao a solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria información de natureza tributaria para o recoñecemento, seguimento e control da concesión da convocatoria para o reparto e a prestación de produtos de primeira necesidade do concello de Oroso A presente autorización outórgase exclusivamente para o/s procedemento/s sinalado/s, e en aplicación do establecido pola disposición adicional cuarta da Lei 40/1998, que mantén a súa vixencia tras a entrada en vigor do Lei 35/2006, pola que se aproba a Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, e no artigo 95.1 k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, que permiten, logo da autorización da persoa interesada, a cesión dos datos tributarios que precisen as administracións públicas para o desenvolvemento das súas funcións. INFORMACIÓN TRIBUTARIA AUTORIZADA: datos que posúa a Axencia Tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas e do cumprimento das súas obrigas tributarias. A)DATOS DA PERSOA SOLICITANTE DA AXUDA QUE OUTORGA A AUTORIZACIÓN Apelidos e nomeDNISinatura B)DATOS DOUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE CUXOS INGRESOS SON COMPUTABLES PARA O RECOÑECEMENTO, SEGUIMENTO OU CONTROL DA BOLSA/AXUDAApelidos e nomeDNIParentesco coa persoasolicitanteSinatura Oroso, ____ de ____________ de 20--- Asdo. ANEXO V: PROXECTO INDIVIDUALIZADO DE ITINERARIO DE FORMACIÓN E EMPREGO.Declaración de conformidade sobre o plan individualizado de itinerario de formación e emprego das persoas beneficiarias da axuda das tarxetas solidarias.Nome e apelidos: _______________________________________________________DNI / NIE / Pasaporte:_____________________________Por medio do presente proxecto comprométome a realizar e manifesto a miña conformidade co que de seguido se expresa:Unha búsqueda de emprego activaRealizar cursos de formaciónNon podo realizar ningún tipo de proxecto de inserción debido a estou percibido unha prestación por xubilaciónNon podo realizar ningún tipo de proxecto de inserción debido a que estou realizando un traballo remunerado.Non podo realizar ningún tipo de proxecto de inserción debido a problemas de saude (achego informe médico)  En Oroso , a __ de___________ de 20__(Sinatura) ANEXO VI:INFORME SOCIO FAMILIAR 1.- DATOS DO SOLICITANTENome e apelidosDNIEnderezoCódigo postalData de nacementoEstado civilTeléfono móbilTeléfono móbilTeléfono fixoEmailRéxime da vivenda: aluguer, propiedade, outrosCusto mensual2. UNIDADE DE CONVIVENCIAAPELIDOS e NOMEPARENTESCOFECHA NACEMENTOE.CDNISITUACIÓN LABORAL 3. DECLARACIÓN DE INGRESOS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA PERSOA USUARIAPROCEDENCIACUANTÍAINGRESOSALUGUER, HIPOTECARENDA FAMILIAR A persoa solicitante foi informada do artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal que esixe o previo consentimento da persoa interesada para a comunicación (cesión) a un terceiro dos datos persoais precisos para o cumprimento dos fins directamente relacionados coas funcións lexítimas de quen os cede, polo tanto AUTORIZOU ao persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oroso para que ceda o  datos relativos a: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo e nº de teléfono a entidades que xestionen Programas de Alimentos.Para esta valoración requíreselle a unidade familiar que aporte documentación que acredite a súas circunstancias familiares tanto económicas, de inclusión social, de emprego…FACTORES DE RISCO E VULNERABILIDADE SOCIAL:______Informe Proposta Oroso,  __ de ________de 20--A técnico de servizos sociais responsable do programa Oroso a data de sinatura electrónicaO ALCALDE-PRESIDENTE Asdo: Alexander Doval Expósito.

Bases y documentación

Documento de la convocatoria en españolPublicado 23/01/2026Descargar archivo oficial · BDNSBASES REGULADORAS PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026Publicado 28/01/2026BASES REGULADORAS PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2026.