encuentraayudas
Plazo no verificadoBDNS 885658

BASES DESFILE ENTROIDO PORTAS 2026

LOCAL · PORTAS · AYUNTAMIENTO DE PORTAS

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 09:42 (España)

¿A quién se dirige?

PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICAPERSONAS JURÍDICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES114 - Pontevedra

Finalidad

Cultura

Plazos, con su contexto.

Inicio de solicitudes
12/02/2026
Fin de solicitudes
No consta
Registro en BDNS
06/02/2026
Publicación en diario oficial
11/02/2026

Texto oficial de apertura: día siguiente al de la publicación del extracto de esta convocatoria en el BOOP

Texto oficial de cierre: 27/02/2026

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

1º- INSCRICIÓNO Concello de Portas organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2026 o día 1 de marzo ás 17 horas na Azucreira de Portas. O Prazo de inscrición comeza o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.As solicitudes de inscrición (ANEXO I e ANEXO II) poderanse entregar por sede electrónica (https://portas.sedelectronica.gal/info.0) ou presencialmente no Concello de Portas ata o venres 27de febreiro ás 13:00h (non se admitirán inscricións fora de prazo). Os participantes tamén poderán informarse a través dos teléfonos do Concello (986 53 61 61 ext 2/ 986 53 69 25)2º- PERCORRIDO A saída do desfile será ás 17:00h e rematará na Azucreira de Portas, despois de facer o percorrido correspondente.3º- REQUISITOS para participar no concurso:-Presentar a solicitude  e declaración responsable no prazo establecido.(Consultar ANEXOS nas BASES da SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Portas)-No transcurso do desfile o concursante deberá colocar o número que se entrega de maneira visible para que o xurado poida tomar nota.-Estar puntualmente no lugar da saída do desfile ás 16:30h.4º- As MODALIDADES que poderán participar no concurso serán:-Comparsas: Estarán formadas por un grupo de persoas con música propia (músicos tocando en directo)-Grupos de 20 ou máis persoas: Estarán formados por un grupo de 20 ou máis persoas que non leven música propia.(poden levar música gravada)-Grupos de 3 a 19 persoas: Estarán formados por un grupo de mínimo 3 persoas e un máximo de 19 persoas que non leven música propia.( poden levar música gravada)-Grupo Infantil: estará formado por un grupo de máis de 3 persoas infantíns ( a maioría dos participantes deben ser menores de 15 anos)-Parellas Adultas: Estarán formadas por dúas persoas de 16 anos ou maiores.-Parellas Infantís: Estarán formadas por dúas persoas de 15 anos ou menores.En caso de parellas con membros que coincidan en categoría infantil e adulto serán incluídos na categoría de adultos-Individuais Adultos: estarán formados por todas aquelas persoas de 16 anos ou maiores que se presenten de maneira individual.-Individuais Infantís: estarán formados por todas aquelas persoas de 15 anos ou menores que se presenten de maneira individual.-Premios especiais: Nesta categoría competirán tódalas modalidades participantes no concurso (sen necesidade de especificalo na solicitude)5º - O XURADOO Xurado estará composto por membros das Asociacións Culturais do Concello nomeadas pola Concellería de Cultura. O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións, pero deberá prestar atención ás seguintes cuestións: vestiario, orixinalidade, coreografías, presencia de elementos complementarios, harmonía, simpatía...6º- CUALIFICACIÓN:-A cualificación de cada unha das modalidades será determinada polo xurado.-Cada membro do xurado cualificará de 1 (mínima puntuación) a 5 (máxima puntuación) cada modalidade. No caso de empate, procederase a unha segunda puntuación.-A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do desfile unha vez feita a avaliación polo xurado.-O xurado poderá determinar deserto algúns dos premios.7º- PREMIOS-COMPARSAS 300 € 150 € 100 €-GRUPOS de 20 ou máis persoas: 300€  200 €   120 €  70€-GRUPOS de 3 a 19 persoas: 250 € 150 € 100 € 50 €-GRUPOS infantís: 250 €   150 €  100 €  50 €-PARELLAS adultos: 120€ 90 € 70 €-PARELLAS infantís: 120€  90 €  70 €-INDIVIDUAIS adultos: 100 € 70 € 50 €-INDIVUDUAL infantil: 100 €  70 €  50 €-PREMIOS ESPECIAIS: ORIXINAL 50 € RECICLADO  50 € MARCHOSO 50 €  ARTÍSTICO  50 €8º- PARTICIPACIÓN e AUTORIZACIÓNSA presentación das solicitudes supón a aceptación íntegra das bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nelas e a aceptación incondicionada de:-A autorización ao concello para a publicación na páxina web, redes sociais e publicacións da súa titularidade do nome e apelidos dos concursantes e premiados, así como fotografías e vídeos dos mesmos no desfile concurso e na entrega de premios.-A publicación dos datos persoais dos premiados e dos importes dos mesmos na Base de Datos Nacional de Subvencións de conformidade coa lexislación vixente.9º- PAGO DOS PREMIOSO pago dos premios efectuarase con posterioridade ao concurso, a través de transferencia bancaria. A estes efectos, os gañadores deberán entregar o ANEXO III xunto con:-certificación bancaria,-certificacións de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Axencia Tributatria, Seguridade Social e ATRIGA.-copia do DNI-copia do diploma acreditativo do premio.O aboamento dos premios realizarase a nome da persoa que formulara a solicitude de participación. Para o cobro dos premios infantís, terá que aportar os datos dun adulto como representanteAntes do pago deberá acreditarse que a persoa gañadora non ten débedas ca Seguridade Social, AEAT, ORAL, ATRIGA ou co Concello (O concello comprobará o cumprimento das obrigas ca facenda local).A entrega de xustificantes dos premios no Concello, deberá facerse antes de 30 días naturais, contados a partir do día do desfile. De non cumprir este prazo, entenderase a renuncia a dito premio.

Bases y documentación

Documento de la convocatoria en españolPublicado 06/02/2026Descargar archivo oficial · BDNSEXTRACTO BASES DE PARTICIPACIÓN NO DESFILE-CONCURSO DO ENTROIDO 2026 EN PORTASPublicado 11/02/2026BASES DESFILE ENTROIDO PORTAS 2026