Aprobación de las Bases del XIX Premio Internacional “Compostela” para Álbumes Ilustrados.
LOCAL · SANTIAGO DE COMPOSTELA · AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES111 - A Coruña
Tipo de convocatoria
Concurrencia competitiva - canónica
Finalidad
Cultura
Plazos, con su contexto.
El plazo depende de condiciones del texto oficial. Las fechas numéricas por sí solas no confirman que puedas solicitarla.
- Inicio de solicitudes
- No consta
- Fin de solicitudes
- No consta
- Registro en BDNS
- 07/04/2026
- Publicación en diario oficial
- 10/04/2026
Texto oficial de apertura: ábrese coa publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña
Texto oficial de cierre: O prazo remata o 15 de maio de 2026
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
XIX Premio Internacional Compostela para Álbums IlustradosO Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Kalandraka Editora, convoca o XIX Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados, coas seguintes bases:1. Poderán optar ao XIX Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.2. As bases desta convocatoria teñen como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.3. As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas. Non se admitirán aquelas que sexan adaptación doutros orixinais ou as obras que fosen premiadas noutros concursos. Tampouco se admitirán as obras que teñan máis de tres ilustracións publicadas en Internet, así como os traballos xerados, creados ou adaptados por tecnoloxía de intelixencia artificial.4. Poderán participar unha ou varias persoas, autoras de texto e ilustración de calquera nacionalidade. Excluiranse as persoas gañadoras das anteriores edicións e persoas traballadoras ou extraballadoras da editorial Kalandraka.5. Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas).6. As persoas autoras que opten ao premio deberán presentar:• Cinco copias do texto.• Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas. No caso de utilizarse técnica dixital, admitiranse impresións da obra en alta resolución.• Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta: unha versión impresa con deseño, texto e ilustracións, o máis semellante posible ao que será o libro acabado.7. Nas obras non deberá figurar o nome dos e das autoras, senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais das persoas participantes achegaranse nun sobre pechado: no seu exterior indicarase o título da obra e o lema ou pseudónimo, e no seu interior o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia completa do DNI ou pasaporte, así como unha breve recensión biográfica.8. Os traballos serán remitidos ou entregados no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España). No sobre especificarase obrigatoriamente «XIX Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados». Nos sobres que se entreguen a través de axencias de transporte non deben aparecer os nomes dos e das autoras.9. O prazo de presentación dos orixinais ábrese coa publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e remata o 15 de maio de 2026. O selo postal dos traballos presentados por correo ou por empresas de mensaxería non poderá ser posterior á data do último día de entrega. A decisión do xurado farase pública na última quincena de xuño de 2026.10. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio na área da literatura e da ilustración que, segundo o seu criterio técnico, seleccionarán a obra premiada. Actuará de secretaria a persoa que designen as entidades organizadoras. O premio poderá declararse deserto e a decisión do xurado será inapelable.11. Establécese un único premio, dotado de 9000 €. O premio está suxeito ás retencións que, de ser o caso, procedan. O importe do premio non se fará efectivo ata que a persoa autora ou autoras entreguen a obra rematada para a súa publicación. A obra premiada será publicada en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués pola editorial Kalandraka no mes de novembro do ano 2026 e, para tal efecto, asinaranse os correspondentes contratos de edición. Así mesmo, a editorial terá prioridade de publicación daqueles traballos que recibisen mención especial do xurado. Este dereito terá vixencia durante un ano, despois do cal a persoa autora (ou autoras) poderá dispoñer libremente das súas obras.12. A persoa autora (ou autoras) cederá os dereitos da primeira edición, segundo debe constar no contrato que asinará coa editorial Kalandraka.13. A persoa autora (ou autoras) comprométese a entregar a obra rematada antes do 3 de setembro do 2026.14. A persoa autora (ou autoras) correrá con todos os gastos de envío das obras a destino. A organización non se fai responsable das posibles perdas ou deterioracións dos orixinais, nin dos atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poida afectar á chegada das obras ao concurso.15. Os e as autoras poderán solicitar a devolución dos orixinais non seleccionados. Terán que comunicalo por escrito no enderezo de correo electrónico premiocompostela@kalandraka.com durante o prazo dun mes dende a decisión do xurado e asumirán os custos de envío. Para este efecto, facilitaráselles ás persoas interesadas un número de conta onde facer os ingresos correspondentes para o pagamento dos portes. Logo de que transcorrese ese tempo, as obras non reclamadas serán destruídas.16. A organización non se compromete a manter correspondencia postal nin telefónica sobre os orixinais non premiados nin sobre a interpretación e aplicación deste regulamento.17. Estas bases publicaranse na páxina web do Concello de Santiago de Compostela http://santiagodecompostela.gal/ e nas súas redes sociais.O extracto da convocatoria publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS trasladaralle o extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.18. Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, será establecida polo xurado ou, de ser o caso, pola organización do certame. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.
Bases y documentación
BASES PREMIO COMPOSTELA GALEGOPublicado 21/10/2026Descargar archivo oficial · BDNSBASES PREMIO COMPOSTELA CASTELANPublicado 21/10/2026Descargar archivo oficial · BDNSAcuerdo de aprobación de la convocatoriaPublicado 21/10/2026Descargar archivo oficial · BDNSTexto en otra lengua de la convocatoriaPublicado 21/10/2026Descargar archivo oficial · BDNSTexto en castellano de la convocatoriaPublicado 21/10/2026Descargar archivo oficial · BDNSBases da XIX Edición do premio internacional Compostela para álbums ilustradosPublicado 11/05/2026Bases da XIX Edición do premio internacional Compostela para álbums ilustradosPublicado 10/04/2026BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2026Información orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.