CerradaBDNS 900486
CONVOCATORIA BONOS AMARIBEIRA 2026
LOCAL · RIBEIRA · AYUNTAMIENTO DE RIBEIRA
Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 06:19 (España)
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES111 - A Coruña
Finalidad
Comercio, Turismo y Pymes
Plazos, con su contexto.
- Inicio de solicitudes
- 14/05/2026
- Fin de solicitudes
- 07/06/2026
- Registro en BDNS
- 21/04/2026
- Publicación en diario oficial
- 07/05/2026
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
Primeiro. Convocatoria e bases reguladorasA presente convocatoria ten por obxecto aprobar as bases reguladoras dos Bonos AMARIBEIRA para o exercicio 2026.Segundo. Obxectivos.O obxectivo do programa e fortalecemento do pequeno comercio e propiciar a dinamización do sector comercial local, estimulando a demanda e reducindo o importe económico negativo derivado da contracción do consumo no comercio local.Terceiro. OrzamentoPara a concesión destas axudas destinaranse 100.000,00 € dispoñibles no orzamento en vigor para o 2026 na aplicación 431 472.03.Cuarto. Persoas beneficiarias e usuarias dos bonos AMARIBEIRAAs persoas beneficiarias serán os operadores económicos (persoas físicas ou xurídicas) dos sectores adheridos ao programa segundo os requirimentos descritos no convenio regulador coa entidade colaboradora e nas bases da convocatoria destas axudas.As persoas usuarias dos Bonos AMARIBEIRA serán as persoas físicas maiores de idade e residentes no municipio, parte activa, fundamental e imprescindible para levar a cabo esta campaña de dinamización e reactivación económica destes sectores produtivos de proximidade.Quinto. Alta e requisitos dos establecementos e negocios para a adhesión ao programa.1. Os establecementos e negocios que desexen adherirse ao programa de Bonos AMARIBEIRA 2026, empregarán a aplicación tecnolóxica habilitada pola entidade colaboradora para o efecto e deberán rexistrar a seguinte información:• Nome e apelidos/nome fiscal.• Domicilio fiscal en Galicia.• NIF/CIF.• Nome, apelidos e DNI do representante.• Nome comercial.• Dirección do establecemento comercial.• Número de teléfono móbil.• Correo electrónico.• IAE principal.• IBAN da conta bancaria.• Páxina web do establecemento comercial.2. O prazo para adherirse ao programa será desde o 11 de maio de 2026 ata o 7 de xuño de 2026, data de finalización da execución do programa dos bonos.3. Poderán adherirse ao programa de Bonos AMARIBEIRA os establecementos que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:a) Que dispoñan de establecemento permanente e domicilio fiscal en Ribeira e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño. (1)c) Estar ao corrente co cumprimento das obrigas coa Axencia estatal de Administración Tributaria (AEAT) coa Seguridade Social e co Concello da Ribeira, o cal se acreditará mediante declaración responsable cando non supere o importe das axudas os 3.000,00 €, de conformidade co previsto nos artigo 22 e 24 do Regulamento xeral de subvencións. Cando o importe das axudas supere esta cantidade, se deberá achegar polos operadores económicos certificación acreditativa de estar ao corrente coas indicadas administración, que deberá custodiar a entidade colaboradora para calquera actuación de control e verificación de datos.(1) Para a definición de micro empresas e pequenas empresas terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, así como a definición contida no Real Decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para micro empresas. Estes criterios entenderanse cumpridos por empresas que durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos dúas das seguintes circunstancias:a) Que o total das partidas do activo non supere o millón de euros.b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.4. Quedan expresamente excluídos os entes públicos, as asociacións, fundacións, entidades sen ánimo de lucro, e aquelas empresas que formen parte dun grupo empresarial nos termos regulados no artigo 42 do Código de Comercio. Tampouco poderán participar os operadores económicos que non cumpran coas condicións do punto anterior nin coa forma establecida nesta convocatoria.5. A alta e o uso da aplicación polos operadores económicos suporá a aceptación das condicións e deberes do programa e da política de privacidade, conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que será informado convenientemente.Para estes efectos, os operadores económicos deberán asinar dixitalmente unha declaración responsable manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, así como declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas coa Axencia estatal de Administración Tributaria (AEAT) coa Seguridade Social e co Concello de Ribeira.6. Cada operador económico poderá darse de alta atendendo a súa actividade económica, e segundo a clasificación que se indica no Anexo. Non serán tidas en conta as solicitudes dos operadores que non cumpran ca clasificación indicada no Anexo.7. O sistema establecido estará habilitado de tal forma que permita ao Concello de Ribeira bloquear ou dar de baixa altas na aplicación, por causas xustificadas.8. O nome comercial e localización dos establecementos adheridos ao programa Bonos AMARIBEIRA farase público na APP/web que habilite a entidade colaboradora, así como na web www.AMARIBEIRA.galSexto. Prazo de execución da actividade.O período de validez dos bonos axustarase ao período de vixencia do programa de bonos AMARIBEIRA 2026 previsto, dende o día 14 de maio de 2026 ata o 7 de xuño de 2026, salvo esgotamento previo do seu saldo. Se o Concello decidise ampliar a vixencia do programa de bonos máis alá do 7 de xuño, o prazo de execución quedará automaticamente prorrogado no tempo equivalente a esa extensión temporal que se aprobe no convenio coa entidade colaboradora para a xestión.Sétimo. Pago das subvencións.A entidade colaboradora deberá librar semanalmente o importe dos bonos trocados, previa presentación por parte dos operadores económicos adheridos das facturas simplificadas ou medios probatorios equivalentes polas canles que esta poña a disposición daqueles. O pagamento, ademais dos requisitos fiscais esixidos normativamente, reflectirán as operacións realizadas con desagregación dos importes efectivamente abonados e os descontos obtidos tras a presentación dos bonos por parte das persoas usuarias.En consecuencia, as facturas e/ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil deberán ser emitidas polos beneficiarios dentro do período de execución do programa.
Bases y documentación
Documento de la convocatoria en lengua cooficialPublicado 04/05/2026Descargar archivo oficial · BDNSDocumento de la convocatoria en españolPublicado 04/05/2026Descargar archivo oficial · BDNSExtracto do decreto de data 4 de maio de 2026, polo que se convocan as axudas económicas a través das BASES REGULADORAS DA UTILIZACIÓN DOS BONOS AMARIBERIA 2026.Publicado 07/05/2026BASES EJECUCIÓN PRESUPUESTOInformación orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.