encuentraayudas
Plazo no verificadoBDNS 912470

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS DE COMISIÓNS DE FESTAS DE CEDEIRA PARA O ANO 2026.

LOCAL · CEDEIRA · AYUNTAMIENTO DE CEDEIRA

Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 22/10/2026 01:37 (España)

¿A quién se dirige?

PERSONAS JURÍDICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA

El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.

Ámbito territorial

ES111 - A Coruña

Tipo de convocatoria

Concurrencia competitiva - canónica

Finalidad

Otras Prestaciones económicas

Plazos, con su contexto.

El plazo depende de condiciones del texto oficial. Las fechas numéricas por sí solas no confirman que puedas solicitarla.

Inicio de solicitudes
No consta
Fin de solicitudes
31/12/2026
Registro en BDNS
12/06/2026
Publicación en diario oficial
17/06/2026

Texto oficial de apertura: 15 días hábiles a contar desde el día siguiente de la publicación de la convocatoria en la BDNS

Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.

Extracto publicado

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE  SUBVENCIÓNS DE COMISIÓNS DE FESTAS DE CEDEIRA PARA O ANO 2026.Primeira. Obxecto. Gastos de Comisións de Festas parroquiais para o ano 2026.Considéranse gastos subvencionables os seguintes:OrquestrasCarpasSegurosCarteleiríasFogos de artificio En ningún caso serán subvencionables:Intereses debedores de contas bancarias.Sancións administrativas e penais, así como intereses e recargas que se poidan derivar das mesmas.Gastos de procedementos xudiciais.Gastos derivados de celebracións gastronómicas particulares das entidades ou asociacións (xantares, comidas, pinchos, ceas, etcétera)Gastos pola adquisición de bebidas alcólicas de calquera tipo, así como tabaco ou outros produtos considerados lesivos para a saúde.Gastos que contraveñan o disposto no artigo 68 do RD 887/2006 e no artigo 29.7-d da Lei xeral de subvencións. Non se terá en conta, na súa totalidade, a factura ou xustificante de gasto que conteña algún destes conceptos.Tampouco serán subvencionables aqueles programas nos que se inclúa algunha das seguintes accións:Actividades que promovan ou xustifiquen calquera forma de discriminación por razón de raza, sexo, relixión, ou calquera outra que atente contra os dereitos fundamentais das persoas.Aquelas que fomenten ou poidan incitar, directa ou indirectamente, ao uso de drogas, alcol ou tabaco, ou que realicen apoloxía do consumo das mesmas.Segunda. Entidades beneficiarias e requisitos. Serán beneficiarias as Comisións de Festas con personalidade xurídica propia sen ánimo de lucro, para a realización de festas nas parroquias, que cumpran os seguintes requisitos:Non contravir o regulado nos artigos 10 e 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.No caso de asociacións que foran beneficiarias de subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello de Cedeira, deberán telas debidamente xustificadas.Cumprir os requisitos da convocatoria.Terceira. Forma, lugar, prazo e documentación da presentación de solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, unha vez publicada a convocatoria na Base de Datos Nacionais de Subvencións.As instancias presentaranse na sede electrónica do Concello de Cedeira (https://sede.cedeira.gal), de acordo co establecido nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e formalizarase mediante una solicitude xeral acompañada da seguinte documentación:Solicitude de subvención (Anexo A), asinada pola Presidencia da comisión a cargo equivalente.Declaración xurada da persoa asinante da solicitude sinalando se solicitou doutro organismo algunha subvención para a realización dos mesmos programas e actividades, a contía e si foron concedidas ou están pendentes de resolución. (Anexo A)elProxecto-memoria das actividades ou programa a realizar. (Anexo B)Declaración responsable da persoa solicitante de non ter obrigas tributarias co Concello de Cedeira, nin coa Administración de Facenda ou Seguridade Social ou autorización para a súa comprobación por parte do persoal do concello Anexo A). Cando o importe subvencionado supere a contía de 3.000,00 € será necesario  que se acredite a devandita situación de cumprimento coas obrigas tributarias e a Seguridade Social coa autorización a comprobación polo Concello destas circunstancias; sen prexuízo de que, no caso de que esta non se poida levar a cabo, se requira a presentación dos correspondentes certificados. A situación co Concello comprobarase de oficio.Declaración responsable da persoa solicitante de non contravir o regulado nos artigo 13 e 10 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (Anexo A)Copia da póliza de responsabilidade civil en vigor acompañada do recibo de pago do ano en curso.Certificado bancario do número de conta onde desexan que se lles ingrese o importe da subvención.Fotocopia do CIF da comisión.Cuarta. Crédito orzamentario e importe. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 338.48900 por importe de 8.000,00 € para festas populares e festexos; repartirase a partes iguais entre as solicitudes presentadas e que cumpran os requisitos para obter a subvención, ata esgotar o crédito orzamentario.O importe da subvención poderá acadar o 100 por 100 dos gastos propostos.Quinta. Abono da subvención. O abono da subvención farase do seguinte xeito:En aplicación do artigo 34.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións que establece a posibilidade de que se realicen pagos anticipados como financiación necesaria para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, o Concello aboará, unha vez aprobada en Xunta de Goberno Local a concesión das subvencións, o 70% do importe subvencionado como concepto de anticipo, previa acreditación da situación de cumprimento coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de superar o importe a aboar por este concepto a contía de 3.000,00 € será necesario que se acredite a devandita situación de cumprimento coas obrigas tributarias e a Seguridade Social mediante a autorización á comprobación polo Concello destas circunstancias; sen prexuízo de que, no caso de que esta non se poida levar a cabo, se requira a presentación dos correspondentes certificados. A situación co Concello comprobarase de oficio.O importe restante aboarase unha vez xustificado o obxecto do convenio, mediante a presentación dos documentos de gasto e pago xustificados e o resto da documentación sinalada na base décima.O pagamento farase mediante transferencia ao número IBAN achegado, unha vez presentada e comprobada a documentación sinalada.Sexta. Réxime de compatibilidade. As subvencións concedidas serán compatibles con outras subvencións, axudas ou ingresos coa mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración, sempre que a totalidade das axudas non supere o custo das actividades.As entidades que reciban subvención están obrigadas a facilitar os datos que lle sexan solicitados polo Concello.Quedan excluídas destas subvencións as asociación ou entidades coas que o Concello estableza convenio ou subvención nominativa.Sétima. Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento. Comisión Avaliadora, Concesión e Seguimento das Subvencións. Nomearase unha Comisión de Valoración que impulsará de oficio a realización de cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude das que se formulará a proposta de resolución. A Comisión de valoración estará composta por:Presidencia: a titular da Concellería de Cultura ou persoa en quen delegue.Secretaría: unha administrativa dos Servizos económicos do Concello, en primeiro lugar, a de maior antigüidade, e en caso de imposibilidade ou incompatibilidade, a seguinte pola mesma orde.Vocais:a titular da Concellería de Facenda ou persoa en quen deleguea persoa titular da Intervención Municipal participará na Comisión de valoración con voz e sen votoÁ vista da documentación que consta no expediente, e logo da valoración das solicitudes de conformidade cos criterios establecidos, a Comisión de valoración formulará un informe proposta de resolución de concesión provisional, debidamente motivado, que deberá expresar o/a solicitante ou a relación de solicitantes que cumpran os requisitos da convocatoria para os/as que propón a concesión da subvención e a súa contía, así como as solicitudes desestimadas, as desistidas e as non admitidas a trámite.A Xunta de Goberno Local acordará a concesión ou denegación das subvencións, a proposta da Comisión de Valoración e previo informe de fiscalización pola Intervención municipal. A concesión deberá ser notificada ás persoas beneficiarias.Se se renunciase á subvención por algunha das entidades beneficiarias ou quedase crédito sobrante como consecuencia da xustificación insuficiente presentada por algunha entidade, o órgano concedente poderá acordar, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión do importe sobrante da subvención ao resto de entidades beneficiarias.Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.O órgano concedente da subvención comunicará esta opción ás entidades interesadas a fin de que accedan á proposta de subvención no prazo improrrogable de dez días. Unha vez aceptada a proposta por parte da entidade solicitante, o órgano administrativo ditará o acto de concesión e procederá a súa notificación nos termos establecidos na lei.Contra o acordo que se adopte cabe interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante a Xunta de Goberno Local, ou ser impugnado directamente ante a Orde Xurisdicional Contencioso-administrativa no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte a recepción da notificación da resolución.Oitava. Prazos de execución e xustificación da subvención. A data límite para executar as actividades obxecto da subvención outorgada será o 31 de decembro de 2026.A data límite para xustificar a subvención será o último día do mes de febreiro de 2027.A xustificación realizarase mediante a presentación da documentación sinalada a continuación na sede electrónica do Concello e deberán cumprir os seguintes requisitos:Memoria da realización da actividade efectuadaFacturas relativas aos conceptos expresados nos xustificantes de gasto que serán obrigatoriamente os que foran motivo da subvención, así como unha relación das mesmas.O beneficiario deberá figurar obrigatoriamente como destinatario da factura.Cumprir os requisitos técnicos esixidos pola normativa que regulen as características da factura e o seu contido.Xustificante bancario do pagamento das facturas correspondentes. Só se admitirán pagamentos en efectivo cando o importe da factura sexa inferior a 100,00 € e sen que poida ser obxecto de fraccionamento.Declaración doutras axudas ou subvencións públicas para financiar as mesmas actividades.Certificado dos ingresos da actividade, que comprenderá a propia achega do Concello, cotas, así como os demais ingresos derivados das actividades, asinado pola Secretaría ou Tesourería da entidade co visto bo da Presidencia.Declaración asinada polo responsable da entidade beneficiaria de que a subvención se destinou ós mesmos fins para os que foi solicitada e concedida.Declaración responsable do solicitante de non ter obrigas tributarias co Concello de Cedeira, nin coa Administración de Facenda ou Seguridade Social. Cando o importe subvencionado supere a contía de 3.000,00 € será necesario  que se acredite a devandita situación de cumprimento coas obrigas tributarias e a Seguridade Social coa autorización a comprobación polo Concello destas circunstancias; sen prexuízo de que, no caso de que esta non se poida levar a cabo, se requira a presentación dos correspondentes certificados. A situación co Concello comprobarase de oficio.Documentación gráfica da actividade onde conste a colaboración do Concello de Cedeira.Novena. Prazo de resolución e notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do procedemento será de nove meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notificase a resolución expresa, lexitima as persoas ou entidades interesadas para entenderen desestimada por silencio administrativo a súa solicitude, consonte o disposto no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.Todas as resolucións e actos administrativos ditados neste procedemento serán publicados no taboleiro de anuncios da entidade.Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os seus mesmos efectos, ao tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.Décima. Control financeiro. As subvencións concedidas polo Concello están suxeitas a control financeiro por parte dos órganos competentes do Concello.Undécima. Infraccións, sancións e reintegro. O incumprimento dalgunha das bases previstas poderá implicar a obriga do reintegro parcial ou total dos fondos percibidos, así como o pagamento dos xuros de mora que se perciban dende o día no que se realizou o pagamento ata o momento no que se acorde a procedencia de reintegro. O procedemento de reintegro realizarase de oficio e na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo), para o que se lle dará en todo caso audiencia ao interesado.O procedemento de reintegro axustarase ao establecido nos artigos 41 e seguintes de Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.Duodécima. Regulación supletoria. En todo o non previsto nas presentes bases, a concesión destas subvencións regularase polo disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento que a desenvolve, Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e Bases de execución do orzamento do Concello de Cedeira. ANEXO A - SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NA SUBVENCION PARA COMISIÓNS DE FESTAS DE CEDEIRA. ANO 2026 DATOS DA COMISIÓN DE FESTAS SOLICITANTENome ou razón Social   CIF Correo electrónico Dirección a efectos de notificación  CP Localidade     DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE DA COMISIÓN DE FESTAS SOLICITANTENome e Apelidos   DNI Correo electrónico Dirección a efectos de notificación  CP Localidade Cargo que representa na entidade   DOCUMENTACIÓN APORTADAFotocopia do CIF da entidadeFotocopia do DNI do asinante das declaracións (Presidente/a ou Secretario/a)Proxecto-Memoria das actividades ou programa a realizar (Modelo Anexo B)Copia da póliza de Responsabilidade Civil en vigor, e xustificante de pago exercicio actual                                                                                                                               Certificados acreditativos de estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridades Social (no caso de non autorizar a comprobación polo Concello)Certificado bancario do número de conta onde desexan que se lles ingrese o importe da subvención  DECLARACION RESPONSABLEEn relación coas bases reguladoras das subvención para comisións de festas de Cedeira, ano 2026, declaro responsablemente que a entidade que represento cumpre cos requisitos establecidos nas bases reguladoras da presente convocatoria de subvencións, e en particular Todos os datos que constan na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos. Que non está sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei de Subvención ou a Lei Xeral Tributaria.Que non está incursa en ningunha das circunstancias a que se refiren os artigos 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro , xeral de subvencións e 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.Que está en posesión de un seguro de responsabilidade civil que cubra os danos derivados da actividade da asociación fronte a terceiros. Que acepto as actuacións de comprobación e seguimento que poida levar a cabo o concello.Autorizo para os efectos da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e do Regulamento (UE) 2016/679, ao Concello de Cedeira a incorporar estes datos, ou aqueloutros dos que tiver coñecemento como consecuencia da relación iniciada, a un ficheiro automatizado que ten por finalidade dar cumprimento ás funcións que debe realizar dentro do proceso de trámite, xestión, concesión e pagamento encomendadas pola Lei 38/2003, xeral de subvención, así como para a xestión doutros servizos ou programas de iniciativa municipal do seu posible intereseManifesto o meu coñecemento de que os datos proporcionados poden resultar obrigatorios para a xestión do expediente e que a unidade tramitadora, en tanto non comunique o contrario, entenderá que son exactos e actuais.Comprométome a comunicar ao Concello de Cedeira, no menor prazo de tempo posible, calquera variación dos datos proporcionados co fin de proceder á súa actualizaciónCoñezo as responsabilidades legais que poden derivarse de incorrer en falsidade en documentos administrativos e, en particular, a esixencia do reintegro da subvención, mais os intereses de demora correspondentes, sen prexuízo da tramitación do correspondente expediente. Ten solicitada/ concedida outra subvención para a mesma finalidade (þ SI/ NON) . Por un importe de ­­­­­­___________€  á entidade ________________________ e o importe da subvención recibida polo Concello, xunto con outras percibidas non superará o importe total de gastos. AUTORIZO a comprobación polo Concello da circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias (Facenda pública e Atriga) e coa Seguridade Social. ( De non autorizar ao Concello téñense que presentar certificados de estar ó corrente con ditas Administracións).   ASINADO DIXITALMENTE                                  ANEXO B.- MEMORIA-PROXECTO  DAS ACTIVIDADES OU PROGRAMA A REALIZAR  Nome Comisión de festas     Denominación do proxecto     DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE (*sen prexuízo de que para a xustificación poidan engadirse outros a maiores que cumpran cos requisitos sinalados nas presentes bases)      Finalidade que atende  Beneficiarios/as da actividade   Outros detalles necesarios para coñecer o alcance do investimento e a xustificación da súa utilidade pública e da relación coa actividade da comisión de festas.        Orzamento das actividades   Custo previstoIngreso previstoProcedencia do ingreso                      ASINADO DIXITALMENTE 

Bases y documentación

Documento de la convocatoria en lengua cooficialPublicado 12/06/2026Descargar archivo oficial · BDNSDocumento de la convocatoria en españolPublicado 12/06/2026Descargar archivo oficial · BDNSBASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS DE COMISIÓNS DE FESTAS DE CEDEIRA PARA O ANO 2026.Publicado 17/06/2026BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS DE COMISIÓNS DE FESTAS DE CEDEIRA PARA O ANO 2026.