Plazo no verificadoBDNS 917203
Orden del 22 de junio de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas para el sector editorial galego, relativas a los gastos a la producción editorial literaria para los ejercicios 2026 y 2027
AUTONOMICA · GALICIA · CONSELLERÍA DE CULTURA, LENGUA Y JUVENTUD
Fuente BDNS / SNPSAP · Comprobación 21/10/2026 22:30 (España)
¿A quién se dirige?
El tipo de destinatario no garantiza elegibilidad. Consulta los requisitos de las bases.
Ámbito territorial
ES11 - GALICIA
Tipo de convocatoria
Concurrencia competitiva - canónica
Finalidad
Cultura
Plazos, con su contexto.
El estado actual del plazo no está verificado. Estas son las fechas declaradas en la BDNS; compruébalas en la fuente oficial.
- Inicio de solicitudes
- 15/07/2026
- Fin de solicitudes
- 17/08/2026
- Registro en BDNS
- 03/07/2026
- Publicación en diario oficial
- 08/07/2026
Solo se calcula un estado verificado con ambas fechas inequívocas y una consulta de la fuente en las últimas 24 horas. No se interpreta automáticamente el texto libre.
Extracto publicado
BDNS:
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans).
Primeiro. Entidades beneficiarias e excluídas
Nesta orde establécense as seguintes entidades que poderán ser beneficiarias das subvencións e as entidades que quedarían excluídas:
a) Beneficiaras
As persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2026 na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.
b) Excluídas:
-As entidades que presenten solicitudes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-As persoas físicas ou xurídicas que estean sancionadas administrativa ou penalmente coa perda da posibilidade de obtención de subvencións públicas, ou incorran nalgunha prohibición legal que as inhabilite para iso, con inclusión das que se produciron por discriminación de sexo de conformidade co disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
-As comunidades de bens, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de carácter público ou privado, así como outras entidades sen personalidade xurídica.
Segundo. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións dirixidas a apoiar o sector editorial galego e a fomentar a edición e a difusión da literatura, para o que se establecen varios programas de axudas á produción editorial que se desenvolverán con carácter bianual durante os anos 2026-2027 (código do procedemento CT238D).
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o sector editorial galego, relativas aos gastos á produción editorial literaria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento CT238D).
Cuarto. Importe
1. Para o financiamento das subvencións á produción editorial que se recollen nesta orde, de carácter bianual, destínase con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.1 un crédito total de 350.000€, coa seguinte distribución por programas e anualidades:
-Por programas:
Programa 1. Produción editorial en calquera idioma en Galicia: 250.000 €.
Programa 2. Produción editorial de libros de lectura fácil en formato físico ou dixital en galego e programa 3. Produción editorial de audiolibros en galego: 100.000 €, conxuntamente.
-Por anualidades:
Ano 2026: 140.000 € (40 %)
Ano 2027: 210.000 € (60 %)
2. O importe inicial da convocatoria pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a computarse ás 9.00 horas do quinto día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do último día de presentación de solicitudes.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.

Bases y documentación
Texto en otra lengua de la convocatoriaPublicado 03/07/2026Descargar archivo oficial · BDNSTexto en castellano de la convocatoriaPublicado 03/07/2026Descargar archivo oficial · BDNSEXTRACTO da da Orde do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o sector editorial galego, relativas aos gastos á produción editorial literaria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento CT238D).Publicado 08/07/2026Orden del 22 de junio de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas para el sector editorial galego, relativas a los gastos a la producción editorial literaria para los ejercicios 2026 y 2027Información orientativa; confirma siempre las bases y el plazo en la sede oficial antes de presentar tu solicitud.